InicioSANTIAGOAMESAmes adxudica obras por valor de case 7 millóns de euros dende...

Ames adxudica obras por valor de case 7 millóns de euros dende o inicio do mandato

O Concello avanza en melloras de infraestruturas e servizos, con especial atención ao rural, a través de 53 proxectos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames anunciou que, dende o inicio do actual mandato en xuño de 2023, adxudicou obras por valor de 6.987.790,70 euros, un investimento que inclúe un total de 53 proxectos. Estes abarcan áreas como a pavimentación de viarios, a mellora da seguridade viaria, o abastecemento e saneamento, así como a instalación de parques infantís e a mellora das infraestruturas deportivas.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou o esforzo inversor realizado polo Concello, facendo especial fincapé en que o 57 % das obras foron executadas no rural. García subliñou que “xa acadamos a cifra de 7 millóns de euros en contratos adxudicados, dos cales unha boa parte redundan na mellora do rural amesán”.

Entre os proxectos máis salientables, atópanse a ampliación da rede de saneamento en Caroubáns, o campo de fútbol de Ortoño e a creación dun novo campo de atletismo en Ventín. Tamén se levaron a cabo melloras de viarios e pavimentacións en áreas como O Lombao, o Milladoiro, Bertamiráns e outras localidades do concello.

Por outra banda, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, indicou que os traballos buscan “mellorar a seguridade viaria, o mantemento dos viarios municipais e ampliar o abastecemento e saneamento”.

Actualmente, o Concello ten en proceso de licitación seis proxectos máis por un valor de 715.720,79 euros, centrados en melloras de mobilidade e viarios en zonas como o polígono industrial Novo Milladoiro e varias rúas de Bertamiráns e o Milladoiro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here