InicioSANTIAGOAMESA Escola de Música de Ames abre o prazo de inscrición extraordinario...

A Escola de Música de Ames abre o prazo de inscrición extraordinario para o curso 2024-2025

O período estará aberto do 2 ao 6 de setembro para cubrir as últimas prazas dispoñibles

Publicado o

Xornal de Compostela

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) inicia un prazo de inscrición extraordinario desde o luns 2 de setembro ata o venres 6 de setembro para o curso 2024-2025. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de forma presencial nos rexistros municipais. As clases comezarán o vindeiro 16 de setembro.

Despois de finalizar o período de renovación de matrícula e novas altas, a EMMA publica as prazas que aínda están dispoñibles para o próximo curso. As solicitudes serán atendidas por orde de entrada en rexistro, e os alumnos que obteñan praza serán contactados para formalizar a matrícula ata o 12 de setembro.

Entre as prazas dispoñibles atópanse opcións para a actividade de Música e Movemento, que está orientada a desenvolver as habilidades motoras e o vocabulario dos nenos a través da música e o ritmo. Ademais, ofrécense prazas para Flauta Travesa e Linguaxe Musical/Música para Adultos.

As solicitudes poden presentarse a través da Sede electrónica ou nos rexistros municipais. Unha vez asignadas as prazas, os estudantes deberán confirmar a súa matrícula mediante o pagamento correspondente, para o que recibirán unha folla de auto-liquidación por correo electrónico.

As clases seguirán o calendario escolar, suspendéndose durante as vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here