InicioSANTIAGOUn local de Santiago estrea un programa piloto da Xunta para presentar...

Un local de Santiago estrea un programa piloto da Xunta para presentar reclamacións electrónicas

De forma automática, a persoa recibirá un correo que deixará constancia da data e a hora, e que lle indicará que a empresa dispón dun mes para contestarlle

Publicado o

Xornal de Compostela

O local de Creativas Galegas en Santiago puxo en marcha un programa piloto da Xunta que permitirá que os clientes, a través do escaneo dun código QR, poidan presentar reclamacións nun formulario virtual.

Segundo explica a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, na ligazón que se abre co QR poden cumprimentar os datos e o motivo da reclamación, que será remitida á empresa responsable do negocio.

De forma automática, a persoa recibirá un correo que deixará constancia da data e a hora, e que lle indicará que a empresa dispón dun mes para contestarlle. No caso de que non o faga nese prazo ou que a resposta non sexa satisfactoria, o consumidor poderá dirixir nova reclamación ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) a través dunha ligazón que xa se inclúe no propio correo.

O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Gabriel Alén, a directora do IGCC, Sol Vázquez, e a presidenta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, Rosa Celia Otero, presentaron recentemente esta iniciativa no local de Creativas Galegas que estrea este mecanismo.

Desde alí, Alén explicou que este comercio será o único que disporá do sistema na primeira fase do proxecto piloto que proximamente se estenderá a outras partes da xeografía galega. O director xeral destacou a importancia desta iniciativa para dotar de “simplicidade, axilidade e eficacia” o proceso de reclamación en materia de consumo.

ÚLTIMAS

United Airlines manterá en 2027 a conexión entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago valorou como unha "moi boa noticia" a decisión de United...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

United Airlines manterá en 2027 a conexión entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago valorou como unha "moi boa noticia" a decisión de United...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...