InicioCULTURAO crime da Balconada: a lenda compostelá que explica a orixe da...

O crime da Balconada: a lenda compostelá que explica a orixe da “rúa desaparecida”

No século XIV cometeuse un asasinato na Rúa da Balconada e dende ese momento quedou clausurada e oculta para sempre, este domingo cúmprense 658 anos do sucedido

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Entre todas as lendas que existen arredor da cidade de Santiago de Compostela, unha que non é moi coñecida pero que leva entre nós dende xa hai máis de 600 anos é a da Rúa da Balconada ou a “Rúa desaparecida”. Cada día pasan milleiros de persoas por ela e polo lugar onde sucedeu un crime moi sonado naquela época e que este mesmo domingo fai o seu 658 aniversario.

A lenda conta que durante o século XIV o arcebispo da cidade era Santiago Suero Gómez, un rapaz que apenas tiña 30 anos e ao que mataron a sangue fría na rúa. Nese mesmo tempo, en Compostela vivía unha rapaza moi guapa que chamaba a atención de todos os nobles, incluso do propio arcebispo. A moza pertencía a unha familia moi coñecida da zona, os Churruchao.

Dise que, mentres o pai da rapaza estaba na guerra en África, o arcebispo aproveitou a oportunidade para secuestrala e encerrala no Castelo de Rocha Forte para mantela consigo e amosar o seu amor.

Este episodio causou a cólera do pai, ao que xa non lle gustaba moito a Igrexa e os seus altos mandos, e foi ver ao rei Pedro I. O monarca, tamén coñecido como “O Cruel” deulle o permiso para matalo cando o atopase para facer xustiza. Deste xeito, Churruchao voltou a Santiago e o 23 de xuño de 1366, na celebración do Corpus Christi, irrumpeu na procesión no momento no que pasaba pola Rúa da Balconada e matou a sangue fría ao arcebispo e ao deán.

O episodio causou unha gran conmoción entre a poboación da cidade e se decidiu limpar a rúa con sal e clausurala para sempre, e tamén se pecharon todas as Igrexas e Capelas. Esta decisión fixo que os fieis que quixesen ir á misa tivesen que trasladarse á Igrexa de Santa María de Conxo, ocupando o día entre a ida e a volta. Deste feito tan curioso xurdiu a expresión “vaiche na misa en Conxo”, que se utiliza para manifestar un retraso inesperado dun desexo.

Esta é a versión máis romántica do acontecido, pero existe outra que fai referencia a un dos capítulos da guerra civil castelá ente o rey de Castilla Pedro I e o seu hermanastro Enrique II.

Esta lenda conta que, nunha visita á capital, Pedro I buscaba o xeito de deter aos que apoiaban ao ser hermanastro dende Galicia. Un dos simpatizantes era o arcebispo Suero Gómez e por iso se decidiu acabar ca súa vida.

O crime encargóuselle a Fernán Pérez Churruchao, que matou tanto ao arcebispo como ao deán baixo a atenta mirada do rei. O final desta outra lenda remata do mesmo xeito, coa Rúa da Balconada clausurada para sempre.

Como todas as lendas, nunca saberemos se é verdade ou non, e incluso hai xente que afirma que a rúa nunca existiu. Hoxe en día, visitala é imposible, xa que se atopa nos xardíns dunha pensión na Rúa de Xelmírez. De todos xeitos, a historia segue a correr entre os habitantes de Santiago 658 anos despois, e aínda son algúns os curiosos que se asoman a intentar ver a “rúa desaparecida”.

Existiu de verdade a Rúa da Balconada entre a Rúa do Vilar e a Rúa Nova?

ÚLTIMAS

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...

Germán Prieto lanza o seu novo disco ‘Destino’: unha viaxe musical entre a emoción e a técnica

O recoñecido guitarrista e compositor Germán Prieto presenta o seu esperado novo álbum 'Destino'...

Germán Prieto lanza o seu novo disco ‘Destino’: unha viaxe musical entre a emoción e a técnica

O recoñecido guitarrista e compositor Germán Prieto presenta o seu esperado novo álbum 'Destino'...

O Festival Atlántica reivindica a memoria de Castelao e a forza colectiva da palabra

O Festival Internacional Atlántica continúa este martes 1 de xullo en Santiago de Compostela...

The Rapants inauguran o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ con once concertos ata agosto

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás regresa este xoves á praza central da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here