InicioCULTURAO 19 de xuño chega á Catedral e ao mosteiro de San...

O 19 de xuño chega á Catedral e ao mosteiro de San Martiño Pinario a exposición ‘As idades do home’, “un dos fitos culturais do ano”

A Catedral e o mosteiro de San Martiño Pinario serán, a partir do 19 de xuño, os emprazamentos onde se exhibirán 170 pezas de arte sacra de artistas como Murillo ou Salvador Carmona.

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela será a parada a partir do próximo 19 de xuño da exposición ‘As idades do home‘, que constitúe, en palabras do conselleiro de Cultura, José López Campos, “un dos fitos culturais do ano”. Así o destacou o conselleiro durante a inauguración en Villafranca del Bierzo (León) dunha nova edición de ‘As idades do home’ coa apertura de ‘Hospitalitas. A graza do encontro’, que estivo encabezado polo rei Felipe VI.

A Catedral e o mosteiro de San Martiño Pinario serán, a partir do 19 de xuño, os emprazamentos onde se exhibirán 170 pezas de arte sacra de artistas como Murillo ou Salvador Carmona, que forman parte desta exposición coa que colabora a Xunta na súa vixésimo sétima edición.

Por primeira vez nos seus 26 anos de historia, a mostra ten unha sede compartida entre Santiago de Compostela e Villafranca do Bierzo, dous “importantes enclaves simbólicos” para o conselleiro de Cultura, que incidiu nos “vínculos fraternais” das dúas localidades a través do Camiño.

A arte de Juan de Juni, Luís Salvador Carmona, Bartolomeu Esteban Murillo, Gregorio Fernández, Alonso Berruguete ou Afasto de Vahía poderá contemplarse na cripta do Pórtico da Gloria e no mosteiro de San Martiño Pinario, onde estas obras compartirán espazo con outras pezas contemporáneas, instalacións inmersivas e experiencias de realidade virtual.

Comisariada polo director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo, e o director técnico-conservador do Museo desta mesma catedral, Ramón Yzquierdo; o fío condutor da exposición son as palabras “hospitalidade, caridade, acollida e solidariedade” que se plasman no Libro V do Códice Calixtino.

Estes conceptos están recollidos no ‘Scripotrium’ compostelán impulsado polo Arcebispo Xelmírez e continúan con vixencia no ámbito das peregrinacións a Compostela. A exposición conta coa súa propia música composta ‘ex profeso‘ para a mostra polo músico zamorano David Rivas, que completa o discurso narrativo das obras con 33 pezas que acompañan as nove estancias cunha duración total de 130 minutos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...