InicioCULTURAA SELIC mergúllanos no mundo de Rosa Aneiros e o jazz nun...

A SELIC mergúllanos no mundo de Rosa Aneiros e o jazz nun día cheo de cultura e letras

A SELIC acolleu numerosas presentación de libros e actividades relacionadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Semana do Libro de Compostela (SELIC) deuse cita este martes na carpa de eventos cunha vibrante combinación de música e narrativa que nos transportou momentaneamente a Nova York grazas aos toques jazzísticos dunha melodía. Pero, a xornada non tardou en volver ás raíces galegas con A noite das cebolas, a última novela da escritora Rosa Aneiros, cuxa protagonista, Abril Andrade, retorna a Galiza para reclamar un faro herdado e reconectar coa natureza. Aneiros, na súa conversa moderada por Eva Mejuto, explorou a busca dun “punto de vista honesto” para a protagonista, unha muller que se atopa consigo mesma “nese espazo sen expectativas”.

O evento, descrito por Mejuto como “unha festa”, foi enriquecido pola música dos acordeóns de André Labraña e Nuno Estévez, que interpretaron melodías que invitaban a reflexionar sobre o libro de Aneiros, unha obra que convida a “aprender a ver a vida e a morte doutro xeito”, usando o mar como poderosa metáfora da fortaleza e fragilidade da protagonista.

O espazo tamén acolleu O Fragor do urdido, un recital poético de F. X. Fernández Naval e Eva Veiga, que exploraron a vivencia do confinamento da pandemia. Xuntos, presentaron unha colección de cincuenta poemas que fusionan experiencias e inesperadas vivencias.

Ademais, o alumnado do IES de Brión tivo a oportunidade de aprender directamente da debuxante Xulia Pisón, mentres o paseo ‘O misterio das Gárgolas’, guiado por Benxamín Vázquez, confirmou a súa alta demanda cunhas prazas esgotadas ben antes do comezo do festival.

A diversidade de actividades continuou coa presentación de O señor H de Rosendo Cid, onde o autor mesturou reflexións sobre a escrita con ilustraciones que perfilan a un protagonista tan misterioso como a letra que o representa. Esta xornada cultural pechouse cunha firma de libros por Inma Soto, quen compartiu a súa obra Xela, a superheroína de aldea na Libraría Uróboros.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here