InicioPOLÍTICASanta Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A asociación veciñal trasladou ao candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, a súa preocupación polo tráfico e o estacionamento e reclamou instalacións deportivas para a zona sur e unha escola infantil pública no barrio

Publicado o

Xornal de Compostela

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión entre a Asociación Veciñal de Santa Marta e o candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco. O colectivo expuxo os problemas de tráfico arredor do Clínico e a falta de solucións para o estacionamento, así como as dificultades que xa atopan os autobuses urbanos e as ambulancias para circular pola zona.

Blanco coincidiu coa asociación na necesidade de reordenar os accesos ao hospital e actuar sobre a mobilidade no conxunto do barrio. O candidato pediu ademais que a Xunta e o Concello manteñan informada a veciñanza sobre a ampliación. “A veciñanza ten dereito a coñecer de primeira man un proxecto que vai afectar directamente ao seu día a día. Tanto a Xunta como o Concello deben manter unha comunicación fluída coa asociación veciñal, informar dos avances e escoitar as súas inquedanzas”, afirmou.

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E UNHA ESCOLA INFANTIL

A asociación reclamou unha planificación dos equipamentos deportivos para o conxunto da zona sur de Santiago. Segundo expuxo no encontro, a demanda abrangue máis barrios ca Santa Marta e require instalacións para diferentes modalidades deportivas, con espazos cubertos onde poder practicalas.

O colectivo tamén pediu a creación dunha escola infantil pública ante a insuficiencia da oferta actual para atender as necesidades das familias do barrio. En canto ás zonas de xogo, a asociación sinalou a falta de parques infantís adaptados a distintas idades e propuxo mellorar o mantemento dos existentes e habilitar algún espazo cuberto.

A veciñanza puxo tamén sobre a mesa a iluminación das rúas, o estado das marquesiñas e a información do autobús urbano. Entre as demais peticións figuran mellorar a sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Santa Marta e o mantemento das beirarrúas e das zonas verdes.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Cinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en Ames

O festival de cinema infantil de Ames programa dúas retrospectivas sobre ciencia e cinema o 14 e o 15 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, incluídas no abono de 3 euros.

Santiago interpela os homes coa campaña ‘Faite un home’ para promover novas masculinidades contra a violencia machista

O Concello de Santiago puxo en marcha a segunda fase de 'Faite un home',...

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Borja Verea manterá a súa actividade habitual durante a folga xeral do 11N

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou que traballará este mércores, 11...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here