InicioCULTURAUn percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou Ezequiel e Xeremías— son dúas das esculturas creadas polo Mestre Mateo, un dos principais construtores da Catedral de Santiago de Compostela e o artífice do Pórtico da Gloria. Recentemente, a xustiza determinou que estas estatuas deben retornar ao patrimonio público, mais a súa historia ten un percorrido moito máis complexo.

O Concello de Santiago vén de comezar un ciclo de xornadas dedicado precisamente á divulgación da arte e do espolio destas estatuas: “En torno ás estatuas do Mestre Mateo”. Nun dos actos englobados dentro destas xornadas levouse a cabo unha panorámica polo percorrido vital das estatuas. Neste acto, executado pola guía Patricia Rial, o foco principal foi o papel de Galicia como espazo de recuperación patrimonial.

Presentación das xornadas “Arte e Espolio” / Concello de Santiago

HISTORIA DE ABRAHAM E ISAAC

A Catedral de Santiago comezou a construirse no ano 1075 e foi completada no ano 1211, mais non será ata o século XVIII cando se lle incorporan as modificacións que permiten coñecela como é hoxe en día. As estatuas do Mestre Mateo figuraron ata o século XVI na entrada da catedral, ata que se lle puxeron portas e, por conseguinte, tiveron que ser movidas de lugar. Con Abraham e Isaac tamén se moveron Enoch e Elías; e David e Salomón.

As estatuas dos profetas Abraham e Isaac foron mercadas polo Concello de Santiago en xuño de 1948 ao conde de Ximonde e chegaron ás mans de Francisco Franco, unha vez máis, debido aos intereses particulares de Carmen Polo. A prensa da oposición antifranquista da época daba conta do “roubo ao patrimonio cultural do pobo galego:

Prosigamos con las andanzas de doña Carmen. Y trasladémonos a Galicia, donde se encuentra, como es sabido, el Pazo de Meirás, residencia veraniega del dictador Franco. Pues bien, los gallegos saben, y no se recatan en decirlo, que dicho Pazo, es más que casa solariega, depósito de objetos artísticos de inestimable valor, acumulados por el dictador y su esposa en previsión del porvenir, y que van saliendo hacia el extranjero con regularidad. Ahora bien, para conseguir dichos objetos de arte, como decíamos antes, no se detiene doña Carmen ante nada. Así, por ejemplo, ha obligado tras múltiples presiones a un ayuntamiento gallego, a venderle por la irrisoria cantidad de dos pesetas, dos figuras escultóricas del maestro Mateo, cuyo valor artístico es inapreciable. Este robo manifiesto al patrimonio cultural del pueblo gallego levantó en su momento profunda indignación, como siguen levantándola las continuas incursiones de rapiña que doña Carmen, como auténtica señora feudal de horca y cuchillo, realiza cada vez que viene a pasar unas semanas a tierras de Galicia.

Cómpre destacar que, no contrato da venda, o Conde condicionaba a venda “a que las estatuas que son objeto de la misma permanezcan indefinidamente en el patrimonio del Excmo. Ayuntamiento de Santiago de Compostela, de manera que si por cualquier circunstancia dichas estatuas salieran del patrimonio municipal […] la Corporación Municipal deberá indemnizar la cantidad de cuatrocientas mil pesetas”. Afirma Patricia Rial que “non podían ser doadas, nin vendidas. Tiñan que ser para a cidadanía”.

A partir deste momento, pérdese a pista das estatuas ata o ano 1961, momento no que o arqueólogo e historiador Chamoso Lamas leva a cabo un catálogo de arte románica en Galicia, no que inclúe as estatuas de Abraham e Isaac. A novidade é que os propietarios que figuran por primeira vez, segundo Patricia, a nome do xefe do Estado, Francisco Franco.

RECUPERACIÓN DAS ESTATUAS

No seu día, desde o Concello de Santiago formulouse unha demanda reclamando a titularidade pública destas estatuas. En primeira instancia houbo unha sentenza que recorreron os Franco na Audiencia Provincial. Patricia insiste en que nesta primeira reclamación, a Xustiza deulle a razón aos Franco, xa que non había ningunha proba que garantira que esas estatuas foran as mesmas que as que estaban na catedral.

A partir deste momento, historiadores, asociacións e organismos comezan a traballar para poder probar que as estatuas do Mestre Mateo pertencían ao Concello de Santiago. Grazas a unha investigación de Francisco Prado Vilar no arquivo do Museo de Pontevedra descubriuse que estas estatuas eran, efectivamente, as mesmas. Un dato moi significativo indica que, no ano 1923 —previamente á compra das estatuas por parte do Concello— unha desas estatuas tiña unha rotura. A mesma rotura que tiña, casualmente, unha das estatuas que figuraba a nome de Franco.

Polo tanto, posteriormente puido interpoñerse un recurso do Concello de Santiago ante o Tribunal Supremo no que se acreditou que as estatuas “atribuidas al maestro Mateo, objeto de la escritura de compraventa otorgada el 4 de junio de 1948 ante el notario de Santiago de Compostela D. Gonzalo Rey Feijoó, pertenecen al Ayuntamiento de Santiago de Compostela”.

Estas dúas estatuas son dous bens moi sinalados porque formaron parte da Catedral de Santiago e, polo tanto, teñen unha relación simbólica coa cidade. Hoxe, os apóstolos Abraham e Isaac volveron ao seu lugar de orixe, mais o seu porvir aínda é incerto. Estas estatuas forman parte do patrimonio material galego, polo que cómpre reivindicar a súa historia e consolidar un futuro que lembre o espolio sufrido. Porque a memoria histórica, tal e como explicou Patricia, “non só son datos”. A memoria histórica tamén é proxección, recuperación e loita.

ÚLTIMAS

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE coincidiron este mércores en advertir da evolución...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está...

A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia a mostra ‘Cousas do tempo’ con mapas meteorolóxicos históricos de Lavacolla

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora xeral de Enerxías Renovables...

‘La península de las casas vacías’ e ‘A noite das cebolas’ gañan ex aequo o Premio de Novela Europea do Casino de Santiago

A novela La península de las casas vacías, publicada por Editorial Siruela e asinada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here