InicioPOLÍTICAMila Castro denuncia o abandono do antigo vertedoiro de Aríns e reclama...

Mila Castro denuncia o abandono do antigo vertedoiro de Aríns e reclama unha actuación urxente

A concelleira non adscrita levará ao pleno unha iniciativa para recuperar o espazo como zona verde e educativa tras o seu selado en 2022

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita de Santiago, Mila Castro, fixo público o estado actual do antigo vertedoiro de Aríns, un espazo que fora obxecto dun proxecto de selado, clausura e rexeneración ambiental finalizado en 2022. Segundo indicou, a actuación, executada durante o anterior mandato municipal, supuxo un investimento próximo aos 850.000 euros e tiña como finalidade recuperar unha área degradada durante décadas.

O proxecto permitiu transformar o antigo vertedoiro nunha superficie de arredor de 32 hectáreas, concibida como un gran espazo verde integrado na contorna natural e destinado ao uso público. Entre os seus obxectivos figuraban a creación dunha zona de lecer, o impulso da educación ambiental e a posta en valor dun ámbito ata entón degradado.

Porén, segundo denunciou Castro, a situación actual dista dos propósitos iniciais. A concelleira asegurou que o recinto presenta un estado de “abandono xeralizado, con abundante maleza, falta de mantemento, un peche perimetral deficiente que permite o acceso incontrolado e a ausencia total de uso público”. Neste sentido, sostivo que “non queda rastro do esforzo realizado” tras a intervención.

Castro advertiu de que este deterioro implica consecuencias tanto ambientais como de seguridade, ademais de supoñer “unha evidente perda de oportunidade para a cidade” e un desaproveitamento do investimento realizado. “Un millón de euros non poden ter como resultado un ermo abandonado”, engadiu.

Ante esta situación, a concelleira avanzou que presentará no vindeiro pleno municipal unha proposta para instar ao goberno local a actuar de maneira inmediata. Entre as medidas incluídas figuran a limpeza, o desbroce, o acondicionamento do espazo e a mellora das condicións de seguridade, así como a elaboración dun plan que permita o seu uso como zona verde pública.

A iniciativa tamén recolle o impulso de accións vinculadas á educación ambiental, coa creación de itinerarios e a posibilidade de desenvolver actividades ao aire libre dirixidas a centros educativos, co obxectivo de divulgar os procesos de recuperación ambiental.

Finalmente, Castro solicitará ao goberno municipal que recade información da Xunta de Galicia sobre o estado do plan de vixilancia e control posterior á clausura do vertedoiro, así como que se garanta o seu cumprimento conforme á normativa vixente.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here