InicioOPINIÓNAs subvencións ao cine

OPINIÓN

As subvencións ao cine

Publicado o

Por Xan Guillén Vázquez
Xan Guillén Vázquez
Xan Guillén Vázquez
(Vigo, 1973) Licenciado en Filoloxía pola USC. Máis de vinte e cinco anos no ensino secundario e bacharelato. Profesor no colexio La Salle de Santiago de Compostela. Implicado en actividades de oratoria e debate no ámbito escolar e preuniversitario. Colaborador na revista Irimia.

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe do alcalde de Ourense que dicía, en castelán, o seguinte: “No ano 2025 houbo máis de 700 películas en España. 40 % non superaron os cen especatdores. 73% non superaron os mil. O 98 % son deficitarias sen subvencións. Mentres Hollywood fai películas para gañar diñeiro, España fai películas para perdelo. “

Nun intento estúpido pola miña parte preguntei de donde saían os datos e por que eran tan exactos. Díxome que era do redondeo pero non me explicou moito a súa orixe.

Decidín botar man de internet e buscar os datos. Cheguei a eles a través dunha nova do periódico “Libertad digital” que me ligou cun PDF do Ministerio de cultura que mirei con interese. Ese documento presenta a recadación e os espectadores de máis de 700 películas españolas no 2025. E é certo que nel figura moitísimas películas con menos espectadores dos mil e incluso dos cen.

Empecei a ver información de dúas películas que figuran nesa táboa coma películas cun só espectador e cunha  recadación inferior a cinco euros. Son dúas películas documentais presentadas no festival de cine de Málaga e feitas para Canal Sur. Se pasaron por un festival os datos son diferentes e non sei por que figuran eses datos nesa táboa. A terceira polo final é “El vientre del mar” que é unha película de 2021, gañadora de varios recoñecementos en festivais e que, segundo wikipedia, recadou 400.000 euros. Nótese que non é unha película de 2025 e que a listaxe fala de recadación nese ano e non no ano da súa estrea.

Pero ademais esta listaxe inclúe películas tan de 2025 como “La violetera”, “Celda 211”, “El último cuplé” “La vaquilla” e un amplo etcétera que algo recadarían en 2025 pero indubidablemente non son dese ano. Ademais inclúense películas españolas pero de distrubuidoras coma Walt Disney, Sony, Universal pictures…

Entón o dato do número de películas no ano pasado, a recadación e o público é canto menos moi cuestionable.

Respecto ao dato do 98% de películas que son deficitarias o único que atopo en Google son referencias aos datos dados anteriormente. Ningunha fonte avala este dato. Porén si que aparece repetido en varios medios o dato de que o ano pasado as subvencións ao cine foron de 825 millóns de euros pero todos remiten á fonte do instituo Juan de Mariana afín a medios coma Libertad digital. Este Instituto remite ao Ministerio de Cultura.

O que se obvia é a comparación. Se un mete en Google as palabras Hollywood e subvención atopamos axiña tres datos: O estado de California subvencionou a Hollywood con 750 millóns de dólares. 38 estados subvencionan o cine estadounidense. Donald Trump prometeu aranceis do 100% ao cine estraxeiro para fomentar o seu. Isto tumba a afirmación do alcalde de Ourense que afirma que en Hollywood fanse películas para gañar diñeiro.

Ademais disto un repaso pola historia pode aclarar un pouco a cuestión. Na antiga Grecia as poles subvencionaban o teatro. Grazas ao amparo público fixéronse grandes obras que chegan ate nós coma Lisístrata. Lope de Vega, Calderón, Tirso de Molina ou Ana Caro foron creadores que viviron dun teatro fortisimamente subvencionado. A Igrexa e os Reis da época foron grandísimos mecenas e grazas a eles coñecemos a historia de Sexismundo, Laurencia ou o primeiro don Juan da historia da literatura universal.

O debate sobre as subvencións ás creacións artísticas é un debate san e necesario. Non debemos caer simplemente en consignas manipuladas. É máis fácil ler un chío dun político sen máis que facer unha análise histórica, económica e artística polo miudo. Preferimos un cine subvencionado ou un cine só marcado mercado e sen dependencias do poder? A resposta non é fácil. É tan difícil que xa leva facéndose dende tempos de Aristófanes.

ÚLTIMAS

A Audiencia Provincial da Coruña ratifica un delito ambiental na canteira de Miramontes en Santiago

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña ditou unha sentenza, con data do...

O PSOE anuncia que non apoiará os orzamentos de Santiago e condiciona o seu voto á incorporación de medidas

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago confirmou que non votará a favor...

O Salón Teatro esgota as entradas para as tres primeiras funcións de ‘Hamlet’

A obra de teatro Hamlet, dirixida polo actor e director Tito Asorey, será presentada...

As non adscritas levan ao pleno unha batería de peticións para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria en Vidán

As concelleiras non adscritas Mercedes Rosón, Mila Castro, Marta Álvarez e Gonzalo Muíños trasladarán...

Da outredade á comunidade universitaria

O legado feminista, de máis de tres séculos de historia, nutre o noso pensamento...

Un Sentir Común

A Universidade de Santiago de Compostela leva 531 anos sendo unha das institucións máis...

Listas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

Salvador Blanco Turnes Seis meses de espera para conseguir unha primeira cita cunha asistenta social...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here