InicioOPINIÓNSantiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

OPINIÓN

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago.
E aínda nada cambiou. Nada.

Os policías? Traballan en corredores estreitos. Improvisan oficinas. Atenden
cidadáns desde furgonetas na Praza do Obradoiro. Máis de 40 vehículos
inmobilizados. Non hai calabozos. Non hai espazo. Non hai solucións. Só
abandono.

E Marlaska? Mirando para outro lado. Lentitude. Promesas baleiras. Parche tras
parche. Mentres tanto, a seguridade da cidade e a dignidade dos axentes están en
risco. Esto non é un erro: é negligencia. Pura e simple.

O verán está a piques de chegar. Miles de visitantes. As forzas policiais máis
expostas que nunca. E nada feito. O edificio sen seguro. Recursos mínimos.
Planificación inexistente. E Marlaska, impasible.

A comisaría de Santiago, terceira en Galicia en número de axentes, é un exemplo
do abandono institucional. 294 policías sen medios, sen apoio, sen respostas.
Mentres Marlaska siga á fronte, falar de seguridade será unha farsa.

É hora de dicilo claro: Marlaska é responsable. Directamente responsable de cada
retraso. De cada risco asumido polos que protexen a cidadanía.

A comisaría incendiada non é só un edificio. É o símbolo dun Estado que falla. Un
Estado que deixa aos seus axentes en condicións indignas.

Basta xa! É hora de esixir acción. É hora de que Interior actúe. É hora de que
Marlaska deixe de mirar para outro lado. A seguridade de Santiago non pode seguir
sendo un experimento de neglixencia ministerial.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

Da outredade á comunidade universitaria

O legado feminista, de máis de tres séculos de historia, nutre o noso pensamento...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here