Dúas persoas, entre elas un policía, resultaron feridas esta pasada madrugada tras sufrir un accidente no municipio coruñés de Ribeira.
Tal e como trasladou o 112 Galicia case á 1:00 horas da madrugada os servizos sanitarios informaron dun accidente de tráfico con dous coches implicados na primeira saída cara a Baiuca, na DP-7302, quilómetro 0, en Artes, en Ribeira.
O 112 informou á Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional e Local, aos Bombeiros de Ribeira e aos efectivos do GAEM da localidade.
Finalmente, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o traslado das dúas persoas feridas, unha delas un axente.
ARDEN TRES COCHES
Tamén, o 112 informou de que arderon tres vehículos en Ames nun aparcadoiro aberto. O suceso non causou danos persoais. As chamas comezaron no vehículo que estaba aparcado no medio e propagáronse aos vehículos dos laterais.
Segundo relatou, ao redor das 22.00 horas deste venres varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar o lume nun coche que estaba nun aparcadoiro aberto, situado pola parte traseira do centro médico, na Travesía Do Pedregal, en Ortoño.
Os xestores pasaron aviso aos membros do GES de Brión, aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Igualmente, foron informados os Bombeiros de Santiago.
Unha vez alí, os Bombeiros de Santa Comba indicaron que as chamas xa foron extinguidas polo GES de Brión, que confirmaron que arderon o tres coches na súa totalidade empezando o lume no medio e estendéndose aos laterais.

