InicioSOCIEDADESantiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a "todas" as...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

A alcaldesa asegura que recuperar o pasado é esencial para construír un futuro sen violencia.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as distincións Alba de Compostela nun acto celebrado no Teatro Principal, no que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, dedicou a homenaxe a todas as vítimas da ditadura franquista. A rexedora reivindicou a importancia da memoria democrática e asegurou que a cidade “só recuperando o pasado pode construír un futuro sen violencia”.

Nesta edición, os galardoados foron o profesor e historiador Ricardo Gurriarán, a fundadora da Asociación Avoas de Pontepedriña, Concha Rozas, a ourive Susi Xesto e o político Camilo Nogueira. Sanmartín destacou de cada un deles a súa contribución á sociedade galega, desde a defensa da democracia e da memoria histórica ata o compromiso co movemento veciñal, a artesanía tradicional e o autogoberno de Galicia.

Durante a súa intervención, a alcaldesa puxo en valor o labor de Ricardo Gurriarán na recuperación da memoria das vítimas do golpe de Estado de 1936 e definiu a Concha Rozas como un dos rostros máis representativos do movemento veciñal compostelán. Tamén eloxiou a traxectoria de Susi Xesto, da que destacou o seu traballo na defensa da ourivaría tradicional fronte á produción industrial, e cualificou Camilo Nogueira como unha das grandes figuras da historia política contemporánea de Galicia.

A rexedora vinculou a figura de Camilo Nogueira coa do exalcalde compostelán Ánxel Casal, ao tempo que lembrou tamén a Camilo Díaz Baliño, autor do cartel das festas de 1936 recuperado este ano polo Concello. Ambos foron asasinados polo franquismo poucas semanas despois do golpe de Estado, un recordo co que Sanmartín quixo estender a homenaxe a todas as persoas represaliadas pola ditadura.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...