InicioSOCIEDADEO arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

Pide unha sociedade "na que ninguén sexa descartado" e apela á liberdade relixiosa desde o "respecto": "A Igrexa non busca impor".

Publicado o

Xornal de Compostela

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo a recoñecer a dignidade inviolable de toda persoa, con especial referencia a quen “chega de lonxe buscando un futuro” e a quen “pensa de maneira diferente”. Fíxoo durante a misa da Solemnidade do Apóstolo Santiago, celebrada na Catedral compostelá, na que o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, exerceu como delegado rexio na tradicional Ofrenda ao Apóstolo.

Na súa homilía, o arcebispo instou os fieis a non mirar as persoas “como un número, un problema, unha carga ou alguén útil ou inútil”, senón como “un irmán”. Neste sentido, subliñou a necesidade de protexer toda vida humana, especialmente a das persoas máis vulnerables, e defendeu que a responsabilidade colectiva pasa por coidar de quen se atopa en situación de maior fraxilidade.

Monseñor Prieto advertiu tamén dos riscos da polarización social e política. Ao seu xuízo, cando o adversario pasa a ser considerado un inimigo e as diferenzas se converten en “trincheiras irreconciliables”, detériorase a convivencia. Por iso, avogou por impulsar unha “verdadeira cultura do encontro”, baseada no diálogo, o respecto e no recoñecemento da dignidade de todas as persoas.

Así mesmo, reivindicou o respecto á liberdade de conciencia e relixiosa, lembrando que unha sociedade plural non debe temer a presenza pública da fe. O arcebispo asegurou que a Igrexa está chamada a contribuír ao ben común desde as súas conviccións, pero deixou claro que “a Igrexa non busca impor; quere propor, dialogar, servir e dar testemuño”.

SANTALICES RECLAMA UNIDADE POLÍTICA

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, que exerceu como delegado rexio na tradicional Ofrenda ao Apóstolo, fixo un chamamento á unidade das forzas políticas para acadar un pacto sobre o galego e reclamou marcos legais que protexan os dereitos fundamentais fronte aos “totalitarismos tecnolóxicos”. Ademais, pediu ao rei Filipe VI que asista ao acto do Xacobeo 2027 e que interceda para que tamén participe o papa León XIV.

Durante a súa intervención, Santalices tamén apelou a reforzar a loita contra a corrupción mediante normas máis contundentes e institucións independentes, ao tempo que defendeu un sistema de financiamento “equilibrado e non discriminatorio”. Así mesmo, reivindicou o diálogo político, a defensa dos valores democráticos e o papel de Galicia e do Camiño de Santiago como exemplos de cooperación e compromiso constitucional.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...