InicioCULTURACINEDUCA celebra a súa terceira edición en Santiago premiando a creatividade audiovisual...

CINEDUCA celebra a súa terceira edición en Santiago premiando a creatividade audiovisual dos centros educativos

Publicado o

Xornal de Compostela

A III Mostra Internacional de Cine e Educación, coñecida como CINEDUCA, lebada a cabo polo Ateneo de Santiago, puxo o seu punto final este 19 de marzo na sede Afundación da Rúa do Vilar, evento no que se recoñeceu o traballo dos centros educativos galegos a través da entrega de premios ás mellores curtametraxes. A inauguración do acto correu a cargo do director da mostra, Miguel Zabalza, quen expresou o seu agradecemento tanto aos centros participantes como ao xurado por dedicaren o seu esforzo e tempo a esta iniciativa.

Antón Porteiro, directivo do Ateneo de Santiago, foi o encargado de dar a coñecer os nomes dos traballos premiados. Durante a súa intervención, fixo especial mención a dúas curtametraxes: Marderedes, do IES Félix Muriel de Rianxo, destacada pola súa capacidade de mesturar a cultura dixital xove coas tradicións mariñeiras, e O Prestige 20 anos despois, do IES Urbano Lugrís de Malpica, recoñecida polo seu labor de recuperación da memoria dun desastre que marcou a comunidade galega.

A continuación, tiveron lugar as proxeccións das obras gañadoras e a entrega dos respectivos premios. O galardón principal, o Premio Ateneo Cineduca 2024, foi para Onde está Luísa? do IES Pintor Colmeiro de Silleda, un traballo que, segundo o presentador Fernando Redondo, achégase ao universo da poeta Luísa Villalta cun enfoque orixinal e divertido. Manuel López-Rivadulla, presidente do Ateneo, entregou o premio consistente en mil euros e unha peza conmemorativa ao director do centro, Xesús Fernández Sulleiro.

Os accésits, dotados con cincocentos euros cada un, foron para o IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela polo traballo Xogamos a estar vivas?, e para o CEIP Plurilingüe de Tenorio de Cerdedo-Cotobade pola curtametraxe O pasar do tempo, destacando en ambos casos o seu compromiso coa igualdade, xustiza e preservación da cultura rural. O acto concluíu coas palabras de López-Rivadulla, quen reiterou o compromiso do Ateneo de Santiago co fomento da cultura e a educación pública en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here