InicioOPINIÓNNostalxia cultural

OPINIÓN

Nostalxia cultural

Publicado o

Por Xan Guillén Vázquez
Xan Guillén Vázquez
Xan Guillén Vázquez
(Vigo, 1973) Licenciado en Filoloxía pola USC. Máis de vinte e cinco anos no ensino secundario e bacharelato. Profesor no colexio La Salle de Santiago de Compostela. Implicado en actividades de oratoria e debate no ámbito escolar e preuniversitario. Colaborador na revista Irimia.

Ides desculpar que comece cun momento nostálxico. Eu fun universitario no Santiago dos concertos de Bruce Springsteen ou Jean Michelle Jarre no Monte do Gozo. Descubrín que as óperas non estaban mal no Auditorio de Galicia. No mesmo auditorio acabei con maniotas de tanto rir con Les Luthiers despois de pasar a noite na fila para coller entradas. Subín a velocidades meteóricas as escaleiras do Teatro Principal para ver algo máis que a lámpada en obras de teatro realmente memorables con actores e actrices de primeira orde. Non esquecerei o meu descubrimento de Yerma. Eu fixen longas filas os mércores, día do espectador, diante dos Valle Inclán para quitar entradas da película que fose e poder opinar con causa nos Goya ou nos Óscar. Amais de bebidas de orixe dubidosa tamén bebín moita cultura a prezos razonables para un peto universitario.

Agora non hai ringleiras de universitarias nos Valle Inclán porque non hai cines na rúa Fernando III. Non imaxino carreiras arriba no Teatro, o pano do Auditorio pechou para as óperas e as entradas dos eventos son en liña.

As cousas cambian e o nivel dos espectáculos no noso mundo é moi diferente. O cine está en plataformas de streaming que se poden ver comodamente no sofá da casa mentres a cea é comida chinesa que che trae un señor subido nunha moto. A oferta teatral é moi limitada respecto a hai trinta anos porque as institucións públicas teñen que axustar contas e a cultura non é prioritaria. Imaxino que a Xunta ten que pensar ben os gastos culturais coa eterna hipoteca da Cidade da Cultura. As prioridades do público van cambiando e un universitario ou universitaria prefiren gastar os cartos da subscripción a Netflix que unha entrada cara ao teatro. A cultura xa non é pública nin se comparte tanto con descoñecidos. Cada vez máis os gustos son privados e o goce estético non sae das portas das casas.
Estamos en tempos onde se percibe un deterioro cultural importante. A música é máis insubstancial e está enmascarada co autotune. Cada vez é máis dificil atopar ringleiras de persoas que vaian ao cine por unha boa película que non sexa só de entretemento (as sagas de Santiago Segura son boa mostra disto). O teatro queda relegado aos espectáculos da Gran Vía madrileña ou ao ámbito escolar. A cultura perde a capacidade de unión e de espazo común da comunidade. Agora aos vellos da tribo só nos queda lembrar o que nos costou, en tempo e esforzo, ter unha entrada para gozar dun bo momento. Somos nostalxia.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios “homófobos” de hai 20 anos

A candidata a reitora da USC Rosa Crujeiras anunciou este martes que o catedrático...

Pacientes e traballadores denuncian deficiencias no transporte sanitario do CHUS e reclaman a súa desprivatización

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e o comité de empresa da...

Investigadores da USC denuncian limitacións “ilegais” nas axudas posdoutorais da Xunta

Dous investigadores da Universidade de Santiago de Compostela acusaron á institución de "impor unilateralmente"...

A Xunta reclama axilidade ao Concello para avanzar na vivenda protexida de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, María Martínez Allegue, pediu...

Listas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

Salvador Blanco Turnes Seis meses de espera para conseguir unha primeira cita cunha asistenta social...

Por que nos manifestamos o 1 de febreiro do 2026?

O 1 de febreiro do 2026, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, chama...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here