InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín convoca o Debate do Estado do Municipio para o 12...

Goretti Sanmartín convoca o Debate do Estado do Municipio para o 12 de febreiro

A alcaldesa de Santiago informou da cita para facer balance e fixar retos, mentres o edil Gonzalo Muíños amosa a súa sorpresa pola data e vincula o seu apoio aos orzamentos á retirada de radares.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou este venres da convocatoria do que será o segundo Debate do Estado do Municipio deste mandato para o próximo 12 de febreiro ás 12:00 horas. A rexedora, que reivindicou o valor do debate para “apostar pola participación cidadá” máis aló das reunións cos veciños, definiu a iniciativa como “unha forma produtiva de contrastar ideas, de facer balance do acontecido e de fixar retos de futuro”.

Nunha rolda de prensa posterior, o edil non adscrito Gonzalo Muíños manifestou a súa “sorpresa” ante esta convocatoria anunciada pola alcaldesa despois de que os non adscritos presentasen “o luns 19 unha proposición reclamando a convocatoria” do debate co obxectivo de que o goberno local “avaliase de forma global a situación do concello”. “Que casualidade que o luns 19 realicemos a proposición e hoxe, venres 23 ás 11:15 horas, a alcaldesa chámeme para comunicarme a súa convocatoria. Sorpréndeme que no contexto no que estamos a alcaldesa convoque xusto agora o Debate para o Estado do Municipio”, asegurou.

Así mesmo, Muíños fixou os “radares con fin recadatorio” como unha liña vermella ao posible apoio das non adscritas aos orzamentos do goberno local. O edil, aínda que recoñeceu ter “boa predisposición para negociar”, advertiu que non van votar a favor duns orzamentos “irreais e ficticios que non se van executar”. A pesar diso, admitiu que “as cousas poderían ir a peor se non hai presupostos aínda que sexa tarde”.

UN PLENO COMO “ANTESALA DOS ORZAMENTOS”

As non adscritas tamén planificaron o primeiro pleno do ano, a celebrarse o vindeiro xoves, como unha “antesala á negociación dos orzamentos” na que “pedirán explicacións” sobre a execución real do investimento no rural ou a xustificación do atraso das obras da Casa das Persoas Maiores, entre outros aspectos.

A edila Mercedes Rosón, á súa vez, asegurou que preguntarán sobre as reformas “comprometidas no acordo de 2025” dos parques infantís de Angrois, o da rúa Manuel Beirás en Conxo e a cuberta do da rúa Lisboa en Fontiñas. Así as cousas, Rosón comprometeuse a consultar ao goberno local no próximo pleno pola “implementación dun programa estable de actividades para o desafío da saúde mental e as incongruencias na xestión do ciclo da auga”.

“Preguntaremos por todo isto co obxectivo de que o goberno local dea explicacións públicas polos incumprimentos dos acordos plenarios. Non pode ser que cada ano cheguemos a acordos para os orzamentos nos que aparezan puntos repetidos”, resolveu.

ÚLTIMAS

A propiedade do edificio do Escarnio e Maldizer instalará alarmas e contratará un servizo de seguridade permanente

O representante da propiedade do edificio situado no número 11 da rúa Algalia de...

A alcaldesa acusa ao PP de ir a Fitur a facer “mala propaganda” de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acusou esta mañá ao portavoz municipal...

Dous accidentes múltiples provocados por unha granizada deixan varios feridos na área de Compostela

Dous accidentes múltiples rexistrados na área de Santiago de Compostela á primeira hora deste...

O proxecto ‘Avatares’ leva robots de telepresenza ás aulas para evitar o illamento de alumnos hospitalizados

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) traballarán conxuntamente...

A alcaldesa acusa ao PP de ir a Fitur a facer “mala propaganda” de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acusou esta mañá ao portavoz municipal...

O proxecto ‘Avatares’ leva robots de telepresenza ás aulas para evitar o illamento de alumnos hospitalizados

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) traballarán conxuntamente...

Santiago acolle un simposio internacional sobre biopsia líquida e oncoloxía de precisión

Máis de 300 expertos e expertas nacionais e internacionais danse cita até este sábado...