InicioMOV. SOCIAISA propiedade do edificio do Escarnio e Maldizer instalará alarmas e contratará...

A propiedade do edificio do Escarnio e Maldizer instalará alarmas e contratará un servizo de seguridade permanente

O edificio do número 11, onde funcionaba o centro social 'Escarnio e Maldizer', contará con alarmas, servizo de vixilancia e peche para evitar novas ocupacións, segundo explicou a propiedade tras a intervención policial desta mañá

Publicado o

Xornal de Compostela

O representante da propiedade do edificio situado no número 11 da rúa Algalia de Arriba, en Santiago, anunciou este venres a adopción de medidas de seguridade para impedir unha nova ocupación do inmoble, despois do desafiuzamento executado pola Policía Nacional nas primeiras horas da mañá. No edificio desenvolvía a súa actividade, ata onte, o centro social okupado ‘Escarnio e Maldizer’.

En declaracións aos medios, o portavoz da propiedade sinalou que a intención inmediata é pechar o acceso ao inmoble e reforzar a súa protección. Segundo indicou, a experiencia de ocupacións anteriores leva a asumir que o risco de reentrada existe, polo que se optará por incrementar as medidas preventivas. “Pechar, para que non volvan entrar”, afirmou, engadindo que, aínda así, “se queren volver aentrar, van volver entrar”, en referencia ás dificultades para blindar completamente o edificio.

Entre as actuacións previstas, confirmou a instalación de alarmas no inmoble como elemento disuasorio fronte a posibles novas ocupacións. “Si, si, imos poñer alarmas”, asegurou, precisando que o obxectivo destas medidas é evitar que o edificio volva ser okupado. Ademais, a propiedade contempla a contratación dun servizo de seguridade permanente, cun garda que vixíe o inmoble de maneira continuada.

En canto ao estado do inmoble, o representante describiuno como moi deteriorado, asegurando que se atopa “moi mal, unha ruína, medio tirado, todo por todos os lados”. Segundo explicou, o interior está “arruinado” e presenta danos importantes. “Desfixérono todo”, lamentábase esta mañá.

Sobre o uso futuro do edificio, a propiedade evitou concretar prazos ou proxectos específicos, indicando que non é unha cuestión inmediata. “Non creo que vos importe”, contestou ás preguntas dos medios. Con todo, recoñeceu que será necesario arranxar e rehabilitar o inmoble, algo que, segundo apuntou, está previsto, aínda que sen detallar se será a curto ou medio prazo.

DISPOSITIVO POLICIAL E REACCIÓNS AO DESALOXO

Durante todo o operativo de desaloxo, a Policía Nacional mantivo presenza permanente en distintos puntos do centro histórico, con especial atención ás rúas Algalia de Arriba, Algalia de Abaixo e Casas Reais, co obxectivo de controlar os accesos á zona. Segundo fontes policiais, cortouse o tránsito tanto de vehículos como de peóns, permitíndose unicamente o paso a persoas acreditadas. Na Praza de Cervantes, os axentes autorizaron o acceso só a traballadores e profesionais dos medios de comunicación, previa identificación.

Neste contexto, ao redor de 16 persoas manifestantes foron identificadas durante as primeiras horas da mañá. As identificacións producíronse antes do inicio dos cánticos, arredor das 08:30, momento no que os axentes solicitaron e recolleron varios documentos de identidade, segundo indicaron as mesmas fontes.

Pola súa banda, persoas vinculadas ao centro social desaloxado valoraron o operativo como unha “inxustiza” e cualificaron o peche do espazo como o “fin dunha alternativa de lecer comunitario e autoxestionado”. Sinalaron ademais que a actividade desenvolvida no inmoble “escapaba a unha lóxica consumista” e que o seu peche supón “un baleiro para a cidade”.

Algunhas das manifestantes advertiron tamén de que a perda do centro social afecta non só a Santiago, senón ao conxunto de Galicia, ao tratarse, segundo indicaron, do último centro social okupado situado nunha zona urbana. “É unha perda para a cidade e especialmente para a zona vella, que cada vez está máis xentrificada e se está convertendo nun lugar de uso turístico”, afirmaron.

Neste sentido, vincularon directamente o desaloxo co proceso de xentrificación do casco histórico, asegurando que “non é casual”. As mesmas fontes lembraron que o inmoble foi okupado por primeira vez en 2014, tras o desaloxo da Sala Yago, e que xa fora desaloxado en 2017, episodio que derivou en protestas, cargas policiais e varios detidos.

O edificio foi reokupado en 2019 e, dende entón, funcionou como un espazo comunitario e político, no que se desenvolveron actividades continuadas como clases de baile galego, deportes como boxeo, mercadillos, obradoiros e concertos. Tras o desaloxo desta mañá, algunhas das persoas presentes advertiron de que “despois dunha okupación, virán moitas máis”.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here