InicioSANTIAGOA alcaldesa acusa ao PP de ir a Fitur a facer "mala...

A alcaldesa acusa ao PP de ir a Fitur a facer “mala propaganda” de Santiago

Subliña que os datos turísticos avalan o modelo municipal e defende a aposta polos congresos e un turismo “consciente e responsable”

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acusou esta mañá ao portavoz municipal do Partido Popular, Borja Verea, de acudir á Feira Internacional de Turismo, Fitur, para “facer mala propaganda” da cidade. A rexedora respondeu así ás críticas formuladas polo edil popular na xornada anterior, nas que aseguraba que o goberno local transmitía en Madrid a idea de que os visitantes “molestan” en Santiago.

Sanmartín cualificou de “catastrofistas” as declaracións de Verea e sostivo que non se axustan á realidade da capital galega. Segundo indicou, os datos dispoñibles reflicten un “volume moi importante de estancias” e un nivel de gasto elevado, elementos que, ao seu xuízo, avalan a estratexia turística impulsada polo Concello.

Neste contexto, a alcaldesa incidiu no modelo turístico económico que aposta por reforzar o papel dos congresos e encontros profesionais, unha liña que foi presentada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, no Foro Internacional do Turismo celebrado no marco de Fitur. Sanmartín destacou a capacidade de Santiago para acoller “congresos e eventos”, lembrando que a cidade conta con infraestruturas que suman arredor de 5.000 prazas, ademais do seu valor como espazo de intercambio de coñecemento.

A alcaldesa sinalou que o obxectivo das campañas municipais é promover visitas “con responsabilidade e con vontade” de coñecer a cidade, buscando estadías cun maior pouso económico. Nesta liña, defendeu un modelo de turismo “consciente e responsable”, que permita compatibilizar a actividade turística coa vida cotiá da veciñanza.

En relación coa conectividade aérea, Sanmartín avanzou que a partir deste verán Santiago contará con catro voos internacionais con destino a Nova York, Marrakech, Ámsterdam e Cork. Aínda que estes traxectos están previstos unicamente para a tempada estival, a rexedora explicou que o Concello traballa para estender estas conexións ao longo de todo o ano.

Por último, a alcaldesa aproveitou para criticar á Xunta de Galicia por non apostar pola captación de rutas aéreas, en contraste co que, segundo dixo, está a facer o goberno do Principado de Asturias. Ademais, lamentou que o director xeral de Turismo “escapase” de manter unha reunión co Concello, malia as reiteradas solicitudes formuladas desde a administración local.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...