InicioECONOMÍAO Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

O acordo, por preto de 1,93 millóns de euros, supón un incremento superior ao 13% respecto do anterior contrato e contempla máis de 39.000 horas anuais de actividades

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de Dinamización e mediación sociocultural da rede de centros socioculturais (lote III) á empresa Eulen, por un importe total de 1.925.835,16 euros, IVE incluído. A contía sitúase moi próxima ao orzamento base de licitación, fixado en 1.983.165,80 euros, e representa un incremento de máis do 13% en comparación co contrato anterior.

Segundo os pregos, o lote III garante a prestación de 39.000 horas de servizo ao ano, repartidas entre distintos programas e actividades. Entre eles figuran iniciativas de xogo e ocio, con 6.000 horas anuais destinadas ás aulas de xogo e 13.000 horas para programas de ocio; clubs de tempo libre, con 4.000 horas; e actividades ordinarias vinculadas á cultura e a arte, memoria e patrimonio, natureza e sustentabilidade, así como benestar e saúde, cun total de 2.500 horas ao ano.

O contrato inclúe tamén accións de dinamización dixital e novas tecnoloxías, ás que se destinan 8.000 horas anuais, e actividades estacionais asociadas a períodos como o verán, o Nadal ou o Antroido, con 2.000 horas cada ano. Ademais, establécese unha bolsa obrigatoria de 3.500 horas anuais para actividades non regulares, que deberán executarse conforme ao previsto nos pregos.

Nas vindeiras semanas está previsto que o Concello resolva as adxudicacións dos outros dous lotes da licitación, correspondentes á atención e información ao público e á xestión da biblioteca pública José Saramago. En conxunto, a administración local destina á xestión da rede de Centros Socioculturais para os próximos dous anos un orzamento de 3.398.323,72 euros, o que supón un 24% máis que en 2021, cando a partida ascendía a 2.575.513 euros. O orzamento anual do servizo queda fixado en 1.669.161,86 euros, uns 381.000 euros máis que na actualidade.

GARANTÍA DE PAGAMENTO

En paralelo ao proceso de adxudicación, a Concellaría de Centros Socioculturais continúa a xestionar medidas para asegurar o cobro das nóminas das traballadoras afectadas por atrasos. Con este obxectivo, o Goberno local remitiu un requirimento á empresa para que acredite o pagamento dos salarios mediante os correspondentes recibos e xustificantes bancarios.

Unha vez constatada a situación de impago das nóminas de outubro, novembro e decembro de 2025, o Concello procederá á retención das cantidades adebedadas á empresa para garantir o abono destes salarios. Este procedemento repetirase coas nóminas de xaneiro e cos días correspondentes de febreiro, no caso de que persista a situación de impago.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Santiago impulsa un programa para crear experiencias turísticas e diversificar a oferta máis alá do casco histórico

O Concello de Santiago presentou un novo programa de creación de produtos turísticos co...

O PSdeG reclama negociación para decidir o destino de máis de cinco millóns procedentes da venda de parcelas municipais en Santiago

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago instou ao goberno local a abrir...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here