InicioSANTIAGOAMESAmes disporá de autobuses gratuítos para os deprazamentos á súa gran festa...

Ames disporá de autobuses gratuítos para os deprazamentos á súa gran festa de Fin de Ano

O Concello impulsa unha alternativa de ocio nocturno no propio municipio para dar a benvida ao 2026, cunha capacidade para 870 persoas e transporte desde núcleos urbanos e do rural

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames organiza este mércores 31 de decembro unha gran festa de fin de ano para celebrar a chegada do 2026 sen saír do municipio. A iniciativa, presentada como unha das principais novidades da programación municipal de Nadal, busca ofrecer á veciñanza unha alternativa de ocio nocturno no propio concello, cunha proposta centralizada no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns.

A celebración desenvolverase en horario de 01:00 a 08:00, estará dirixida a maiores de 18 anos e contará cunha participación máxima de 870 persoas. As entradas inclúen dúas consumicións, servizo de roupeiro no interior do recinto e transporte de ida e volta en autobús. A oferta complétase cun servizo de barra xestionado por establecementos hostaleiros do municipio —StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor— e coa música a cargo dos DJs da discoteca móbil CDC.

Baixo o lema ‘Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames!’, o Concello aposta por facilitar a mobilidade da veciñanza con dúas liñas fixas de autobús. A primeira partirá de O Milladoiro, con paradas intermedias en Biduído, Bugallido, Ortoño e chegada a Bertamiráns, con dúas frecuencias de saída ás 01:00 e ás 02:00. A segunda liña percorrerá distintos puntos do rural amesán, con saída desde Agrón e paradas en Portanxil, Trasmonte, Oca, Seares, Barouta, Outeiro, Augapesada, Pousada e Aldea Nova, iniciándose tamén ás 01:00.

O regreso en autobús desde o pavillón de Bertamiráns está previsto con saídas ás 05:00, 07:00 e 08:00, co obxectivo de garantir unha volta escalonada e segura. Con esta proposta, o Concello de Ames incorpora unha celebración centralizada de fin de ano á súa axenda de Nadal, reforzando a oferta local de lecer nocturno e o acceso desde distintos núcleos do municipio.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here