InicioCULTURAA gala aRimar Galiza Portugal celebra no Auditorio de Galicia o seu...

A gala aRi[t]mar Galiza Portugal celebra no Auditorio de Galicia o seu décimo aniversario cunha homenaxe á irmandade galego-lusófona

O evento reuniu a 900 persoas e contou coas actuacións de Mondra, Diogo Piçarra, Elba Pedrosa e Cátia Cardoso, ademais da presentación do libro 'Dez anos de música e poesía galego-portuguesa'

Publicado o

Xornal de Compostela

A pasada noite, o Auditorio de Galicia encheuse con máis de 900 persoas para celebrar o décimo aniversario de aRi[t]mar Galiza Portugal, un proxecto impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago que desde 2015 promove os vínculos culturais entre Galicia e o mundo lusófono.

Segundo o seu director e fundador, Gonzalo Constenla, “aRi[t]mar Galiza Portugal é unha festa compartilhada”, unha cita que ano tras ano converte Compostela nun punto de encontro para artistas e público de ambas beiras do Miño.

O escenario acolleu as actuacións de Mondra, recoñecida coa Mellor Canción Galega por ‘Quererse ben’; Diogo Piçarra, premiado pola Mellor Canción Portuguesa; Elba Pedrosa, gañadora da Mellor Poesía Galega; e Cátia Cardoso, distinguida pola Mellor Poesía Portuguesa. A cidade de Braga participou como convidada nesta edición, representada pola concelleira Carla Sepúlveda.

Durante a súa intervención, Mondra lembrou o momento no que compuxo o tema galardoado: “Quería escribir unha canción de amor para min e para o mundo, que moita falta lle fai. Que viva o amor”. Pola súa parte, Elba Pedrosaprotagonizou un dos instantes máis emotivos da noite ao estrear unha peza inédita acompañada polo rapeiro compostelano Big Meu e o músico Xosé Liz.

Na entrega dos galardóns participaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o cónsul xeral de Portugal en Galicia, João Bezerra; a responsable do Instituto Camões – Centro Cultural Português en Vigo, Célia Guido; e Isabelle Kerdudo, coordinadora do equipo de dinamización da lingua na EOI. A gala, conducida por Xurxo Souto e Tati Moyano, combinou música, poesía e humor nun ambiente de celebración compartida.

O aniversario serviu tamén para presentar o libro ‘Dez anos de música e poesía galego-portuguesa’, unha publicación que recolle testemuños, biografías dos artistas premiados e un percorrido polas distintas edicións do proxecto. “É o mellor da última década nunha compilación que reflicte a forza cultural e emocional desta ponte entre Galicia e Portugal”, sinalou Constenla.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here