InicioSANTIAGOInvestigadores do CHUS e da USC confirman que a carga glucémica inflúe...

Investigadores do CHUS e da USC confirman que a carga glucémica inflúe nos niveis de azucre mesmo en persoas sen diabetes

O estudo, publicado en JAMA Network Open con participación da Universidade de Harvard, recompilou máis de 1,3 millóns de medicións de glicosa en 514 veciños da Estrada

Publicado o

Xornal de Compostela

Un equipo de médicos de Atención Primaria do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), pertencentes ao grupo Metodoloxía da Investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), en colaboración con bioestadísticos das universidades de Santiago e Harvard, publicou un estudo pioneiro na revista JAMA Network Open que achega novas probas sobre o impacto da alimentación na saúde metabólica da poboación xeral.

Baixo o título ‘Idade, sexo, IMC, horario das comidas e respostas glucémicas reais á carga glucémica das comidas’, a investigación avaliou o comportamento da glicosa en 514 adultos da Estrada (Pontevedra), rexistrando máis de 1,3 millóns de medicións mediante sistemas de monitorización continua de glicosa. O IDIS destaca que se trata “dun dos estudos máis amplos realizados en persoas sen diabetes” con este tipo de tecnoloxía.

Os resultados evidencian que as comidas cunha maior carga glucémica —é dicir, aquelas que combinan maior cantidade e tipo de carbohidratos— producen subidas máis intensas e prolongadas de glicosa, sobre todo ao mediodía e pola noite. Segundo os coordinadores principais do proxecto, Mar Calvo e Francisco Gude, “a través desta investigación confírmase que a carga glucémica é un predictor válido da resposta glucémica en condicións de vida cotiá, máis aló das contornas de laboratorio”.

Os autores salientan que estas conclusións poderían orientar novas recomendacións dietéticas personalizadas, adaptadas non só á composición dos alimentos, senón tamén ao momento do día en que se consumen e ás características individuais de cada persoa. Deste modo, a investigación realizada en Santiago abre a porta a estratexias preventivas máis precisas fronte a enfermidades metabólicas, con potencial aplicación na práctica clínica e na saúde pública.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...