InicioSOCIEDADEFuncionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Traballadores do xulgado de instancia de Santiago concéntranse para advertir da sobrecarga, a falta de persoal e medios e o deterioro dun servizo que din cada vez máis tensionado

Publicado o

Xornal de Compostela

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos Xulgados de Fontiñas para denunciar a situación que aseguran estar a vivir no seu día a día: sobrecarga de traballo, falta de medios humanos e materiais e persoal apiñado nas instalacións tras os últimos cambios lexislativos e o traslado de traballadores ao inmoble da rúa Viena. Durante a protesta, convocada polos sindicatos, os participantes leron un manifesto no que detallaron dez denuncias concretas, empezando pola “sobrecarga por falta de persoal”, que, segundo sosteñen, deriva nunha “esixencia laboral que nalgúns casos roza a explotación”.

Os traballadores reprochan tamén o que consideran un abuso de responsabilidades sobre o persoal, con xornadas que exceden amplamente os límites legais nacionais e europeos, así como unha situación de “indefensión, arbitrariedade diaria e falta de especialización” que afecta ao colectivo. No manifesto, os sindicatos critican ademais a “vulneración do dereito á negociación colectiva” e a “degradación de funcións” que, ao seu xuízo, se está a producir. “O modelo do ‘todos para todo’ é un despropósito que vai contra a lóxica máis elemental de calquera organización”, advirten, ao tempo que cargan contra uns medios tecnolóxicos que cualifican de “obsoletos e cheos de parches”.

Entre as queixas figura tamén o “abandono formativo” que din padecer e a “discriminación” no teletraballo, ao considerar que a Dirección Xeral de Xustiza “vulnera sistematicamente” ese dereito. Segundo os convocantes, todo isto acaba repercutindo directamente no funcionamento da Administración de Xustiza e no servizo que recibe a cidadanía. Os funcionarios insisten en que a súa reclamación non é salarial, senón estrutural. “Non pedimos unha suba salarial; o que esiximos son os recursos necesarios para prestar un servizo público digno e que se garanta o respecto absoluto dos nosos dereitos laborais máis elementais”, proclamaron durante a concentración.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...