InicioSANTIAGOAMESAmes Radio pecha a temporada cidadá cun programa especial desde o Pazo...

Ames Radio pecha a temporada cidadá cun programa especial desde o Pazo da Peregrina

O espazo contou coa participación de doce programas e unha actuación musical en directo para despedir o curso

Publicado o

Xornal de Compostela

A radio municipal do Concello de Ames celebrou este venres, 13 de xuño, a clausura da súa temporada de Radio Cidadá cun programa especial que se emitiu en directo desde o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O espazo foi conducido pola xornalista Belén Martínez, e supuxo o peche dun curso radiofónico centrado na participación veciñal.

Ao longo da tarde, subiron aos micrófonos da emisora local os responsables de nove programas realizados pola cidadanía, que tiveron ocasión de facer balance da súa experiencia nesta e noutras tempadas. Ademais, incluíronse tres intervencións gravadas previamente por persoas que non puideron asistir ao evento, completando así un total de doce programas representados no peche de tempada.

O acto comezou cunha entrevista ao alcalde e concelleiro de Comunicación, Blas García, quen reafirmou o compromiso do goberno local con este proxecto. “Somos das poucas emisoras municipais, por non dicir a única, que abre as súas portas de xeito literal á veciñanza para que poidan realizar os seus propios programas de radio”, declarou García, quen definiu a Radio Cidadá como “un emblema” tanto da emisora como do Concello de Ames.

A xornada finalizou cunha actuación musical en directo a cargo do artista Mad Martin, que estivo acompañado por Nico, poñendo o ramo a unha tarde de comunicación comunitaria e celebración do dereito a expresarse a través das ondas.

A Radio Cidadá de Ames Radio mantén unha estrutura aberta á participación da veciñanza e constitúe un dos piares da programación da emisora, que durante todo o ano ofrece un espazo público e accesible para que a cidadanía comparta as súas inquedanzas, intereses e proxectos. O programa especial serviu así de escaparate da diversidade de voces que conforman o tecido social do municipio.

ÚLTIMAS

A Policía investiga un novo roubo na tenda de Apple da avenida de Barcelona

A Policía Nacional de Santiago de Compostela abriu unha investigación para esclarecer un roubo...

CompostELA chega a Santiago con 70 peregrinos para dar visibilidade á ELA

Un grupo de 70 integrantes de CompostELA chegou este xoves a Santiago de Compostela...

Rozas defende que Santiago xestione directamente os fondos estatais de vivenda

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, defendeu que o Concello poida xestionar...

O Compostela Street regresa ao Campus Sur con tres días de deporte, arte urbana e concertos

O Compostela Street celebrará a súa segunda edición os días 18, 19 e 20...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here