InicioCULTURA'Mulleres que viven soas' enchen o Teatro Principal dúas noites consecutivas

OPINIÓN

‘Mulleres que viven soas’ enchen o Teatro Principal dúas noites consecutivas

Publicado o

Por David Marante Manteiga
David Marante Manteiga
David Marante Manteiga
David é graduado en Maxisterio, conta cun mestrado en Psicoloxía Aplicada e é cuasi graduado en Educación Social. Busca afondar nos seus intereses como o son a cultura, a comunicación e a creación de contidos.

O pasado xoves e venres representouse no Teatro Principal a obra titulada Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán. Esta peza teatral está protagonizada por tres mulleres, que ao longo das esceas van mesturando o teatro documental, a stand up comedy e o teatro isabelino. A medida que van cambiando de rexistro van cambiando tamén as súas personaxes, mesturando historias autobiográficas con outras fantásticas, isto completa de forma excelente a visión que pretenden dar das mulleres que como ben se di no título viven soas.

Comezan a obra presentando o que parece un animal fantástico, algo pouco visto, insólito, unha criatura que cambia de forma e que é complexa e perigosa. Isto dá paso ao relato de narracións gravadas doutras mulleres, precedendo ás propias historias das protagonistas. Nestas, elas comentan como foi a súa relación coa soidade, como se imaxinaban vivindo de maiores e as súas experiencias vivindo soas. Pero este non é o único momento no que as tres actrices se paran a contarnos historias persoais, noutro momento de cara ao final da obra dedican un tempo a contarnos como eran aquelas mulleres das súas familias que as preceden, que viviron soas e que por tanto serviron de inspiración e exemplo.

Entremedias a estas escenas outras personaxes van facendo acto de presencia, entrando por exemplo no mundo de Macbeth, a través das tres bruxas que saen na historia. Estas serven ademais de para falar da representación das bruxas nas historias, para afondar na persecución a todas aquelas mulleres que se saían da norma, que non seguían os patróns sociais e que eran por tanto denominadas como bruxas e castigadas coa morte.

Momentos de crítica social danse tamén noutras situacións ás que nos transportan, como por exemplo un escenario no que crean un programa dun banco chamado ‘Caixa Nosa’, tratando fundamentalmente as dificultades que afrontan aquelas persoas que viven soas, sobre todo as económicas. Non só é que non se compartan gastos de vivenda, se non que tamén fan diferenciacións en como moitas veces o propio mercado está enfocado en ofrecer produtos en formato familiar cun custo máis baixo. Esta e outras situacións diarias son tratadas cunha óptica cómica que reflicten todos aqueles prexuízos e estereotipos que existen de cara a estas mulleres, as que viven soas.

Estes son só algúns dos moitos temas e exemplos que son representados, todos cunha gran carga significativa. Conseguen deixar ao público cun sorriso e cunha chea de reflexións sobre a soidade, pero sobre aquela que é escollida e desfrutada.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here