InicioCULTURAO artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O cantante de dezaoito anos celebra o final de exames e a estrea do disco cun concerto este xoves no Parque de Belvís de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa este xoves o seu primeiro álbum, Sobresaliente, que fixo coincidir co último día das Probas de Acceso á Universidade (PAU). El mesmo realizounas este ano e con elas puxo fin á súa etapa de Bacharelato, que pecha cunha media de 9,5. Ambos os acontecementos —o disco e a fin de exames— celebraraos este xoves cun concerto en Santiago de Compostela, que terá lugar ás 21:00 horas no Parque de Belvís, dentro dun festival organizado á mantenta, ‘A Gradación’.

O evento, que contará con invitados como 9Louro e Kid Mount, foi anunciado hai varios días, pero non foi ata este xoves cando o artista revelou que contará coa súa presenza para celebrar o lanzamento da ‘mix-tape’, que realizou ás 12:00 horas, coincidindo xusto co seu último exame. Este proxecto de nove cancións é un novo paso dentro dunha carreira musical que medrou a unha velocidade pouco habitual, segundo destaca o seu equipo. Unha das primeiras cancións de Lg1do, ‘Darche‘ —a piques de chegar ao millón de reproducións—, púxoo no mapa de moitos hai uns meses ao entrar na lista de Spotify coas 50 cancións máis virais de España.

Antes da saída do proxecto, as tres cancións adiantadas (‘VOAR’, ‘Non Cúlpesme’ —con 9Louro— e ‘Bye Bye’) xa acumulaban outro millón de escoitas. A primeira delas contou co apoio do Deportivo da Coruña na súa promoción, o que o levou a actuar na previa do partido entre o Deportivo e As Palmas. Así, ‘Sobresaliente’ funciona como a súa gran carta de presentación, que inclúe unha introdución do vigués Dirty Suc, que aparece simbolicamente como unha voz que dá o relevo a unha nova xeración. Agora, Lg1do enfrontarase este verán a unha xira programada por toda Galicia con máis dunha vintena de datas por diante.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...