InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames pide axuda veciñal para detectar pozos en mal...

O Concello de Ames pide axuda veciñal para detectar pozos en mal estado

A iniciativa xorde tras o rescate dun rapaz nun pozo de Bertamiráns e busca previr novos accidentes

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames iniciou unha campaña de colaboración veciñal para localizar e rexistrar pozos sen cubrir ou en mal estado, despois de que o pasado sábado, 23 de novembro, un rapaz fose rescatado dun pozo de seis metros de profundidade en Bertamiráns. A infraestrutura, situada nunha finca de titularidade privada, supoñía un risco evidente e xa foi notificada aos propietarios para a súa corrección. O menor, que foi atendido no lugar, atopábase en bo estado tras o incidente.

Dende o Concello, apélase á responsabilidade dos propietarios para manter estas infraestruturas seguras e debidamente rexistradas. A administración local advirte que os pozos abandonados ou descoidados representan un perigo grave para a poboación, especialmente para nenos e animais.

Os cidadáns poden comunicar a localización de pozos perigosos ou solicitar información sobre o rexistro dos seus propios chamando ao 981 88 30 02 en horario de 9:00 a 15:00 horas ou enviando un correo a gabinete@ames.gal. Ademais, o Concello anunciou que levará a cabo revisións das súas propiedades municipais para asegurar que non existan pozos sen rexistrar ou en mal estado.

A problemática non é nova no municipio. Hai pouco máis dunha semana, a Concellería de Medio Ambiente recibiu o aviso dun veciño sobre un pozo aberto próximo ao CEIP de Barouta. Neste caso, o pozo foi balizado e cuberto de inmediato, e notificouse a situación á Xunta de Galicia, propietaria do terreo, que asumiu as tarefas de corrección.

O Concello destaca a importancia da colaboración cidadá para evitar accidentes similares ao de Bertamiráns e garantir a seguridade da veciñanza. O alcalde reiterou que ‘a detección e corrección destes pozos é unha tarefa que require o compromiso tanto das administracións como dos propietarios particulares’.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here