InicioCULTURACando Ricardo Fandiño vivía no ático máis santificado de toda a cidade

Cando Ricardo Fandiño vivía no ático máis santificado de toda a cidade

Ricardo Fandiño Laje foi o último campaneiro da Cátedral e o último en ocupar a casa que estaba nos tellados do templo. Compartía espazo coas gallinas que poñían os ovos máis santificados da comarca

Publicado o

Por Marta Balado Simó

A Catedral de Santiago de Compostela non é só un dos grandes símbolos do cristianismo e un destino de peregrinación mundial, senón tamén un lugar cheo de historias. Entre elas destaca a de Ricardo Fandiño Laje, o último campaneiro que habitou nos tellados da catedral, un oficio e un estilo de vida que desapareceron hai xa máis de 60 anos.

Durante séculos, os campaneiros formaron parte esencial da vida diaria da catedral. Rexían o día a día da cidade e marcaban o ritmo e os momentos importantes. Ricardo Fandiño, como moitos dos seus predecesores, viviu coa súa familia nunha pequena vivenda situada sobre os tellados do templo, entre 1942 e 1962. A casa, integrada na estrutura da catedral, era o lugar onde comían, durmían e desenvolvían as súas actividades cotiás, a poucos metros das campás que marcaban os ritmos da vida compostelá.

O traballo de Ricardo consistía en facer soar as campás en momentos específicos, seguindo un código que respondía a diferentes necesidades: chamadas a actos litúrxicos, anuncio de eventos importantes ou simplemente marcar as horas. Cada badalada tiña un significado concreto, e a precisión era fundamental. Este labor requiría unha dedicación total, xa que os campaneiros debían estar dispoñibles a calquera hora.

Fandiño era un home novo que traballaba como xastre en Sobrado dos Monxes, pero empadroouse en Compostela en 1940, cando se trasladou a vivir coa súa muller e os seus fillos e se converteu en campaneiro da Catedral. O baixo soldo fixo que Ricardo tivese que continuar cas súas labores de xastre primeiro para o clero e logo para o resto de homes da cidade.

A vida no tellado ofrecía privilexios e dificultades. Por un lado, a familia de Ricardo gozaba dunha vista única da cidade e dunha proximidade absoluta á catedral, vivindo literalmente dentro dun dos monumentos máis icónicos do mundo. Por outro lado, o illamento e as duras condicións meteorolóxicas eran constantes. Os invernos fríos e húmidos de Compostela facían da vivenda un lugar pouco acolledor, pero a entrega ao seu labor mantíñaos arraigados alí.

Pero a familia Fandiño non era a única que vivía alí, nas alturas. Tamén había galiñas e un galo, que cantaba todos os días coa salida do sol. O galiñeiro situábase nunha nave lateral e o cantar converteuse nun símbolo desa época na cidade. Moitos, con razón, referíanse aos ovos como os máis santificados da cidade.

A modernización dos sistemas de campás da catedral, coa incorporación de mecanismos automáticos, acabou por facer innecesaria a presenza dos campaneiros. Coa marcha de Ricardo Fandiño Laje e a súa familia, a pequena casa no tellado quedou desocupada, marcando o final dun oficio que durante séculos fora esencial para o funcionamento da catedral.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here