InicioCULTURAComo o monumento a Rosalía de Castro naceu grazas ao pobo compostelán

Como o monumento a Rosalía de Castro naceu grazas ao pobo compostelán

A historia detrás do monumento a Rosalía de Castro, un proxecto impulsado polo pobo de Santiago que a través de festas populares e eventos benéficos logrou financiar esta homenaxe á poetisa

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Sabías que un dos primeiros exemplos de financiamento colectivo, ou crowdfunding, en Galicia ocorreu en Santiago de Compostela hai máis de cen anos?

No corazón do Paseo da Ferradura, na Alameda de Santa Susana, atópase o impoñente monumento dedicado a Rosalía de Castro. A escultura amosa á escritora nunha postura reflexiva, co queixo apoiado sobre a man, un xesto que tradicionalmente evoca a melancolía, e que tantas veces aparecía na súa obra. Ao seu redor, podemos ver varias placas conmemorativas e os títulos dalgunhas das súas creacións máis recoñecidas como Follas Novas ou Cantares Gallegos.

Pero, como chegou a realizarse este monumento? Para atopar a resposta, temos que remontarnos ao día do Apóstolo de 1917, 80 anos despois do seu nacemento e 32 anos tras a súa morte, o pano que cubría o monumento caeu, revelando unha obra que para moitos era un soño cumprido. Este monumento non só celebraba a vida e obra de Rosalía, senón que tamén simbolizaba o profundo respecto e amor que o pobo compostelá sentía pola súa escritora máis ilustre.

A idea de erixir este monumento xurdiu grazas ao impulso de Fraiz Andón e un grupo de intelectuais que sentían que Galicia debía pagar unha débeda coa súa primeira gran lírica. Mais non foi un camiño sinxelo: ao principio, buscaron apoio nas principais cidades galegas, pero non atoparon o respaldo necesario. Ante esta falta de axuda, Andón comprendeu que, se Santiago quería honrar á súa filla ilustre, tería que facelo coas súas propias forzas, sen contar co apoio doutros concellos.

Despois de case abandonar a idea, en 1913 tivo lugar unha kermesse, unha festa popular con fins benéficos, co obxectivo de recadar fondos. Conseguiron reunir 9.000 pesetas, unha cifra significativa, pero insuficiente para financiar o proxecto. Dous anos despois, decidiron organizar unha segunda kermesse, nesta ocasión convidando a políticos e figuras destacadas da cidade, pero tampouco lograron os fondos necesarios.

Finalmente, foi a propia cidadanía de Santiago quen tomou a iniciativa, organizando feiras onde se vendían artigos persoais e se ofrecían espectáculos. A súa perseveranza fixo posible o imposible: recadaron as 30.000 pesetas necesarias para construír o monumento que hoxe podemos admirar na Alameda.

Así que, a próxima vez que pasees por este lugar, lembra que foi a forza e a unión do pobo, e non das institucións, o que fixo posible este símbolo de admiración a Rosalía de Castro. Como tantas veces na historia, é a unión das persoas a que marca a diferenza.

(Rosalía de Castro, 1837-1885)

📱Podes ver o noso vídeo sobre a historia do Monumento a Rosalía de Castro nas nosas redes!

 

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here