InicioCULTURAGalicreques arranca con funcións escolares e 18 espectáculos programados

Galicreques arranca con funcións escolares e 18 espectáculos programados

O festival ofrecerá actuacións en diversos espazos de Santiago, como o Teatro Principal e a Carpa da Alameda, e contará coa participación de compañías internacionais de Portugal, Ecuador e Arxentina.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Internacional de Monicreques Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, da Xunta, da Deputación da Coruña, do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (Inaem), de Iberescena e da Fundación SGAE, inicia este luns a súa programación de funcións ao que asistirán preto de 1.500 alumnos. En concreto, haberá 18 espectáculos que se poderán ver no Teatro Principal, na Carpa da Alameda, na Fundación SGAE e no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Serán catro as funcións escolares previstas para este luns e tres delas comezarán ás 11:30 horas. O artista portugués Rui Sousa será o encargado de iniciar a xornada con ‘As marionetas tambén tém Coraçao’, mentres que a Fundación SGAE recibirá á compañía ecuatoriana Titiritainas para representar ‘Dentes de Leite e o CSC acollerá a Luís Vallecillo e a súa obra ‘Pupptes, Music&Blues. Ás 1:00 horas, o Teatro Principal ofrecerá ‘Emotivas’, unha montaxe dos galegos de Titiritres. Esta obra estrearase para o público xeral ás 18.00 horas no Teatro Principal.

Pola súa banda, ‘Emotivas’ é un espectáculo que a través de tres amigas (Melancolía, Irritación e Seguridade) descóbrese o que son as emocións, como fan sentir e a súa complexidade.

Tamén ás 18:00 horas, pero no CSC A Peregrina, Ocelot Teatro (O Salvador) ofrecerá a súa montaxe ‘O Home Machada‘, un espectáculo familiar que conciencia sobre a conservación dos bosques, a natureza e o medioambiente.

Para pechar a xornada, os arxentinos de Tres Tigres representarán ‘Desde o Altillo. Historia dun Exilio’ na Carpa da Alameda dentro do Cara Bé, programa específico de Galicreques para o público adulto. Neste caso, a obra trata a experiencia de vida da actriz, as peripecias que como nena tivo que vivir xunto a 25 membros da súa familia, abandonando o país de orixe para comezar un longo camiño cara ao asilo-exilio político en Cidade de México.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O Ateneo de Santiago abordará os desafíos da intelixencia artificial para comprender o comportamento humano

O Ateneo de Santiago acollerá o próximo luns, 9 de novembro, ás 19:30, unha...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...