InicioCULTURA(VÍDEO) O Convento de Santa Clara e o misterio detrás do pano:...

(VÍDEO) O Convento de Santa Clara e o misterio detrás do pano: o barroco compostelán

A edificación da Rúa de San Roque destaca polas súas figuras xeométricas e trátase dunhas das representacións máis destacables do barroco de placas

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Compostela é unha cidade que destaca por ser berce de cultura, historia e arquitectura. Centos de edificios amosan esa importancia e unha das xoias patrimoniais máis destacables da cidade é o Convento de Santa Clara. Situado na Rúa de San Roque, este convento representa un dos exemplos máis icónicos do barroco de placas ou barroco compostelán. Pero, que é exactamente este estilo?

O barroco de placas é un estilo arquitectónico propiamente galego que só se desenvolveu en Santiago entre os séculos XVI e XVIII. Este estilo distínguese pola combinación de elementos decorativos xeométricos e a impoñente presenza do granito, material abundante na rexión. Simón Rodríguez, erixiuse como o máximo expoñente deste estilo e foi o artista que construíu o Convento de Santa Clara para as hermanas da Orde das Clarisas.

Nunha primeira ollada, chama a atención a singularidade da súa fachada. Tres grandes cilindros coroan o edificio, elementos que poden parecer fóra de lugar nunha edificación relixiosa desta época. Porén, estes cilindros están perfectamente integrados no contexto arquitectónico de Santiago, onde o barroco de placas destaca grazas ao seu uso de figuras xeométricas que crean un xogo de volumes, facendo que a fachada pareza desafiar a gravidade.

Arquivo – Convento de Santa Clara – Xornal de Compostela

O uso do granito nas obras de Simón Rodríguez é fundamental. Este arquitecto opta por valorar o material en si mesmo e amosar un manexo impecable deste. A disposición no retablo destas formas xeométricas engade dinamismo e forza plástica, que vai en aumento a medida que os elementos ascenden no muro da fachada.  Esta composición crea unha sensación de movemento, modernidade e complexidade que contrasta coa austeridade que adoitaban ter os edificios relixiosos do seu tempo.

Este estilo non se limita exclusivamente ao ornamental, senón que tamén reflicte o contexto social e relixioso da época. Durante o século XVIII,  Santiago viviu un período de esplendor arquitectónico grazas á revitalización do poder eclesiástico e do arcebispado tras os séculos escuros. Este renacemento permitiu a creación de novas obras monumentais que reafirmaban o poder da Igrexa e dun barroco que marcaba a identidade da arquitectura picheleira.

O máis sorprendente desta construción é a súa fachada, construída en 1719, non é a verdadeira fronte da igrexa. Trátase dun retablo arquitectónico, unha especie de falso “telón” decorativo que oculta a fachada real, moito máis austera e funcional. Esta técnica, común en moitas construcións barrocas, tiña o obxectivo de sorprender ao espectador e crear unha sensación de magnificencia, aínda que a estrutura real fose moito máis simple.

A xeito de curiosidade, existe unha tradición popular relacionada co convento: se queres evitar que chova o día da túa voda, debes levarlles ovos ás monxas de Santa Clara.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here