InicioSUCESOSLocalizan con vida ao veciño desaparecido durante dous días en Laraño

Localizan con vida ao veciño desaparecido durante dous días en Laraño

O veciño de 82 anos foi atopado en estado de esgotamento, pero consciente, en Biduido

Publicado o

Xornal de Compostela

Jesús Rodríguez, máis coñecido como ‘Suso’, o veciño de 82 anos de Laraño desaparecido desde o pasado xoves, foi atopado con vida este sábado pola tarde tras dous días de intensa busca. Un dos equipos de rastrexo, que incluía cans especializados, localizouno nunha zona próxima a unha casa no lugar de A Moniña, na parroquia de Biduido, en Ames.

O octoxenario, que saíra a dar un dos seus habituais paseos o xoves pola tarde, non regresou ao seu fogar, o que levou aos seus familiares a alertar sobre a súa desaparición. Desde entón, mobilizáronse efectivos da Garda Civil, corpos de seguridade e decenas de voluntarios para participar nas batidas organizadas polos montes da zona.

Afortunadamente, Suso foi atopado en estado de esgotamento, pero consciente, e foi trasladado de inmediato ao Hospital Clínico Universitario de Santiago en ambulancia para realizar unha avaliación médica completa.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here