InicioSUCESOSUn incendio nunha vivenda da rúa dos Concheiros mobiliza os bombeiros de...

Un incendio nunha vivenda da rúa dos Concheiros mobiliza os bombeiros de Santiago

O lume orixinouse na campá extractora dun baixo e provocou unha intensa fumareda, sen que se rexistrasen feridos nin fose necesario desaloxar o edificio

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio declarado na tarde deste venres nun edificio da rúa dos Concheiros obrigou a mobilizar varios efectivos dos servizos de emerxencias da capital galega. O suceso saldouse sen danos persoais.

Segundo a información facilitada polo 112, a central de emerxencias tivo constancia do incidente arredor das 19:50. A orixe do lume situouse na cociña dunha vivenda localizada na planta baixa do inmoble, onde comezou a arder unha campá extractora.

A cantidade de fume xerada polo incendio chamou a atención de numerosos residentes da contorna. Malia a fumareda, non foi preciso desaloxar o edificio e ningunha persoa resultou ferida.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago, da Policía Nacional, da Policía Local e do 061.

ÚLTIMAS

Santiago esixe a Tralusa restablecer o servizo de autobuses tras detectar seis vehículos retirados pola nova rotulación

O Concello de Santiago iniciou actuacións administrativas contra a actual concesionaria do transporte urbano,...

A Asociación de Periodistas de Santiago reclama á TVG medidas para protexer a Almudena Rodríguez de Urzáiz, vítima de violencia de xénero

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) reclamou á Corporación Galega de...

Santiago inicia a venda forzosa dun edificio protexido en ruínas na Caramoniña

O Concello de Santiago iniciou os trámites para sacar a poxa pública o edificio...

A USC aproba unha política de ciencia aberta para facilitar o acceso ao coñecemento científico

A USC reforzará o acceso público aos resultados da investigación desenvolvida no ámbito universitario...

O IES San Clemente de Santiago recibe un novo falso aviso de bomba

O IES San Clemente de Santiago de Compostela foi un dos tres centros educativos...

Unha tubaxe rota inunda un garaxe en Santiago e afecta a unha decena de coches estacionados

A rotura dunha tubaxe de auga provocou este mércores, 25 de novembro, unha inundación...

Catro feridos nun accidente múltiple na AP-9 á altura de Teo: unha saída cortada e tres quilómetros de retencións

Catro persoas resultaron feridas este mércores, 25 de novembro, nun accidente de tráfico múltiple...