InicioSUCESOSDesvían a circulación de trens entre Vilagarcía e Santiago tras ser arroiado...

Desvían a circulación de trens entre Vilagarcía e Santiago tras ser arroiado un home en zona de paso non autorizado

Resultou falecido na zona situada entre a estación ferroviaria da Escravitude e Padrón

Publicado o

Xornal de Compostela

Renfe desviou a circulación dos trens rexionais que cobren a ruta entre Vilagarcía e Santiago pola liña de altas prestacións para manter o tráfico ferroviario tras ser arroiado un home, que resultou falecido, nunha zona de paso non autorizado situado entre a estación ferroviaria da Escravitude e Padrón.

En concreto, conforme informaron a Europa Press fontes do 112, a incidencia tivo lugar ás 16,30 horas e ao momento desprazáronse os servizos sanitarios, os bombeiros de Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Pola súa banda, fontes de Renfe precisaron que suceso se produciu nunha zona de paso non autorizado pola que circulaba un tren rexional que cubría o servizo entre Vigo Guixar e A Coruña.

Nestes momentos o convoi atópase detido e os servizos de emerxencias traballan no terreo, polo que Renfe informou aos viaxeiros a bordo do tren e ás estacións afectadas da incidencia. Ademais, para manter a circulación, desviou a circulación dos próximos trens rexionais pola vía de altas prestacións entre Vilagarcía e Santiago.

Este feito, que implica que non poida parar en estacións intermedias motiva que o operativo inclúa un plan alternativo de transporte por estrada para os usuarios de Padrón, Pontecesures e Catoira.

Minutos antes das 18,30 horas as autoridades xudiciais deron luz verde ao convoi para desprazarse ata a estación da Escravitude, onde Renfe habilitou autobueses para trasladar aos viaxeiros que circulaban no tren aos seus lugares de destino.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...