InicioSUCESOSUn lume nun vehículo causa un incendio preto do monte Viso

Un lume nun vehículo causa un incendio preto do monte Viso

O condutor logrou saír ileso antes de que o vehículo rematase completamente calcinado

Publicado o

Xornal de Compostela

Este pasado martes un coche ardeu nas proximidades do monte Viso, preto da Cidade da Cultura, despois de que o condutor detectase fume saíndo do seu vehículo mentres circulaba pola AP-9 en dirección á Coruña. Segundo informaron os bombeiros de Santiago, o condutor, posiblemente nervioso pola situación, optou por saír da autopista pola saída da Cidade da Cultura e meterse por unha pista que leva á senda mitolóxica.

Malia lograr abandonar o coche a tempo e saír ileso, o vehículo foi completamente calcinado polas chamas. Ademais, o incendio afectou a unha parte do monte. Os bombeiros explicaron que, debido á localización do coche nunha zona de difícil acceso, non puideron chegar a tempo para evitar que o coche ardese por completo. Na extinción do lume participou tamén unha brigada forestal do 085.

As chamas, visibles desde a autopista, alarmaron a varios condutores que circulaban pola AP-9, o que provocou numerosas chamadas de alerta. A rápida actuación dos servizos de emerxencia permitiu controlar o incendio antes de que se estendese por máis zonas do monte.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here