InicioSUCESOSOndadas de roubos en varias igrexas do rural compostelán

Ondadas de roubos en varias igrexas do rural compostelán

Os templos de Marrozos e Figueiras foron forzados, mentres que en Laraño, Roxos e Santa Lucía os intentos de acceso resultaron fallidos

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado 15 de agosto, varias parroquias compostelás celebraban as festividades pola Asunción da Virxe. Porén, algúns templos rurais da capital galega foron obxecto de tentativas de roubo durante estas datas.

Na igrexa parroquial de Santa María de Marrozos, entre a noite do 15 e o 16 de agosto, os intrusos lograron forzar as portas do templo e levar un limosnario. “Remexérono todo e profanaron o Santísimo“, explicaba o sancristán desta parroquia. Explicou asimesmo que “abriron o sagrario, quitaron o Copón, aínda que non o roubaron, e levaron ou consumiron a sagrada forma”. A Policía Nacional e axentes científicos acudiron ao lugar para recoller pegadas e outras evidencias.

De maneira similar, a igrexa de Santa María de Figueiras, que tamén estivo de celebración, foi atacada. O párroco Miguel López Varela informou que “os estragos que fixeron foron forzar a entrada e intentar subtraer o Sagrario, pero non foron quen de facelo porque quedou atascado”. Neste caso, a porta de madeira foi rota, pero o sagrario non foi levado.

Tamén se produxeron intentos de roubo noutras parroquias. Na igrexa de San Martiño de Laraño, os intrusos intentaron forzar a entrada cunha pedra, pero non lograron acceder ao templo debido á súa porta metálica. As mesmas tentativas fallidas rexistráronse en Roxos e Santa Lucía, onde tamén se intentou forzar a entrada sen éxito.

O Partido Popular de Compostela denunciou que estes incidentes non se limitaron ás igrexas, senón que tamén afectaron a casas nas proximidades. A edil Nerea Barcia criticou a falta de medidas preventivas e a escasa presenza policial no rural, solicitando unha maior protección para o patrimonio cultural da zona.

Dende o goberno local alegan que a Policía Local só ten competencias no ámbito urbano e periurbano, e subliñaron o seu compromiso co rural mediante acordos e investimentos para a rede de saneamento e apoio ao asociacionismo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here