InicioSUCESOSRetiran coa axuda dos bombeiros un niño de velutinas en Vite

Retiran coa axuda dos bombeiros un niño de velutinas en Vite

A primeira inspección antes da súa retirada fora realizada o 22 de xullo

Publicado o

Xornal de Compostela

Un niño de velutinas situado no exterior do bloque número 5 da rúa Alexandre Bóveda, no barrio de Vite, foi finalmente retirado onte polos bombeiros de Santiago de Compostela. O nido, que se atopaba na cámara de aire do edificio e que non era visible, foi tratado na mañá do 9 de agosto.

A primeira hora da mañá, arredor das 7:30, un vehículo de mando dos bombeiros desprazouse ao lugar con dous efectivos. Utilizando unha escaleira, aplicaron insecticida na zona de entrada das avispas. Os bombeiros indicaron que “tras facer a correcta intervención toca agardar uns días para ver como evoluciona, ao non saber exactamente o punto no que estaban”.

Maricarmen Martínez, unha das veciñas afectadas, destacou que agora xa pode “abrir as ventás sen ter medo”, en referencia á eliminación do niño. Os veciños informaran do problema a través do teléfono 012, habilitado pola Xunta para o control das velutinas.

A Consellería de Presidencia, que xestiona as incidencias relacionadas con estas avispas, confirmou que a empresa pública Seaga se encarga de atender os avisos. “A atención prestada por Seaga implica, en principio, a retirada ou neutralización dos niños activos nun prazo máximo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao aviso. Non obstante, este prazo pode ser maior cando concurra algún tipo de circunstancia especial”, explicaron.

En casos onde non se pode acceder ou actuar con seguridade, como nos situados en zonas non visibles directamente, Seaga ten que notificar aos Servizos de Emerxencia. Neste caso, tras a inspección realizada o 22 de xullo e a confirmación da imposibilidade de retirar o nido, Seaga alertou aos Servizos de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Santiago, que se encargaron da xestión do problema.

Desde a Consellería reiteraron que Seaga “constatou presencialmente a imposibilidade da súa retirada, realizando as xestións necesarias para reasignar este aviso aos servizos de emerxencia”.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here