InicioSANTIAGOAMESTrasladadas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos en Ames

Trasladadas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos en Ames

O suceso produciuse no quilómetro cinco da AC-453

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos en Ames e un dos coches chocou contra un poste de formigón.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 15.00 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que o suceso se produciu no quilómetro cinco da AC-453.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Santiago, GES de Brión, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.

Unha vez no lugar, os membros do GES de Brión indicaron que foron trasladadas dúas persoas ao hospital. Unha era a condutora do turismo que chocou contra o poste e o segundo ferido un ocupante doutro dos vehículos implicados na colisión.

ÚLTIMAS

Germán Prieto lanza o seu novo disco ‘Destino’: unha viaxe musical entre a emoción e a técnica

O recoñecido guitarrista e compositor Germán Prieto presenta o seu esperado novo álbum 'Destino'...

O centro de saúde de Conxo renóvase para estar listo a comezos de 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este mércores as obras de rehabilitación...

O Camiño de Santiago, máis seguro para as mulleres que camiñan soas

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou en Pontedeume (A Coruña) a...

Localizan en Lavacolla o vehículo implicado na liorta mortal en Ribeira

Un dos vehículos implicados na liorta rexistrada na tarde do martes en Ribeira, A...

Localizan en Lavacolla o vehículo implicado na liorta mortal en Ribeira

Un dos vehículos implicados na liorta rexistrada na tarde do martes en Ribeira, A...

A Policía investiga un intento de roubo con butrón nunha sucursal bancaria de Conxo

A Policía Nacional investiga un intento de roubo con butrón nunha sucursal do BBVA...

Detida no aeroporto da Lavacolla unha muller reclamada nos Estados Unidos por un crime en Filadelfia

A Policía Nacional detivo no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago a Gerelys Sánchez-Reyes,...