InicioSUCESOSPiden oito anos de prisión para un home acusado de agredir sexualmente...

Piden oito anos de prisión para un home acusado de agredir sexualmente a unha moza que coñeceu en Tinder

O suceso ocorreu tras un encontro en Santiago concertado a través da app de citas, polo que a Fiscalía tamén solicita liberdade vixiada e indemnización para a vítima

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fiscalía solicita oito anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a unha moza que coñeceu a través da rede social Tinder. O xuízo terá lugar o próximo xoves, 13 de xuño, ás 9:30 horas na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

Segundo o escrito de cualificación do Ministerio Fiscal, o acusado e a vítima, unha estudante residente nunha residencia universitaria de Santiago, contactaron en xaneiro de 2019 a través da aplicación de citas e decidiron coñecerse persoalmente tras un tempo de interacción dixital. O día 11 de febreiro de 2019, sobre as 21:30, o procesado recolleu á vítima na súa localización e dirixíronse a unha zona apartada nos arredores da cidade.

A situación escalou cando, despois de comezar a bicarse consensuadamente, o procesado comezou a realizar tocamentos en zonas íntimas da moza sen o seu consentimento, a pesar das súas claras negativas e intentos de apartalo.

O episodio acabou cando a vítima conseguiu apartar ao agresor e fuxir do vehículo, sendo posteriormente axudada por un condutor que pasaba pola zona e que a levou ata un punto seguro en Santiago.

Ademais da pena de prisión, a Fiscalía solicita que se imponga ao acusado un período de liberdade vixiada de seis anos tras cumprir a pena, a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante dez anos, e unha indemnización de 15.000 euros polos danos morais e psíquicos causados.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...