InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Periodistas de Santiago reclama á TVG medidas para protexer...

A Asociación de Periodistas de Santiago reclama á TVG medidas para protexer a Almudena Rodríguez de Urzáiz, vítima de violencia de xénero

A entidade compostelá amosa a súa preocupación pola situación da presentadora, vítima de violencia machista, que comparte lugar de traballo co seu agresor

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) reclamou á Corporación Galega de Servizos Audiovisuais (CSAG) que adopte medidas para garantir a seguridade da xornalista Almudena Rodríguez de Urzáiz, presentadora da Televisión de Galicia (TVG), tras facer pública a situación de violencia machista que sufriu durante máis dunha década.

A entidade compostelá manifestou a súa preocupación polas circunstancias laborais da profesional, que comparte centro de traballo co seu marido, do que está separada e en proceso de divorcio. Neste sentido, insta o organismo público responsable da TVG e da Radio Galega a aplicar na maior medida posible o protocolo de acoso e violencia para protexer a traballadora.

Rodríguez de Urzáiz relatou recentemente en varios medios de comunicación os episodios de violencia física e psicolóxica aos que estivo sometida durante máis de dez anos. Na actualidade, a presentadora leva un dispositivo electrónico de vixilancia vinculado á orde de afastamento ditada contra o seu marido.

Segundo recolle a asociación, o home conta cunha condena previa por malos tratos e outra por quebrantamento dunha orde de afastamento. Ademais, ten pendente un xuízo por varios presuntos incumprimentos desta medida xudicial.

A APSC incide en que, malia a existencia destas medidas de protección, a xornalista continúa a desenvolver a súa actividade profesional ante o temor de coincidir co seu agresor nas instalacións da televisión pública galega.

A organización trasladou a súa solidariedade á presentadora e recoñeceu a súa valentía á hora de dar a coñecer publicamente a violencia sufrida.

O ACOSO ÁS MULLERES NO EXERCICIO DO XORNALISMO

Ao abeiro da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, celebrado o pasado 25 de novembro, a asociación compostelá tamén puxo o foco nas situacións de discriminación e acoso por razón de xénero que afrontan as profesionais da comunicación durante o exercicio do seu traballo.

A entidade advertiu de que estas condutas afectan especialmente as xornalistas que desenvolven a súa actividade de cara ao público, realizan coberturas na rúa ou informan sobre acontecementos e conflitos, ámbitos nos que están expostas a comportamentos e faltas de respecto motivados por prexuízos de xénero.

ÚLTIMAS

Santiago esixe a Tralusa restablecer o servizo de autobuses tras detectar seis vehículos retirados pola nova rotulación

O Concello de Santiago iniciou actuacións administrativas contra a actual concesionaria do transporte urbano,...

Santiago inicia a venda forzosa dun edificio protexido en ruínas na Caramoniña

O Concello de Santiago iniciou os trámites para sacar a poxa pública o edificio...

Un incendio nunha vivenda da rúa dos Concheiros mobiliza os bombeiros de Santiago

Un incendio declarado na tarde deste venres nun edificio da rúa dos Concheiros obrigou a...

A USC aproba unha política de ciencia aberta para facilitar o acceso ao coñecemento científico

A USC reforzará o acceso público aos resultados da investigación desenvolvida no ámbito universitario...

O persoal do transporte urbano de Santiago reclama ao Concello medidas para recuperar a normalidade do servizo

A representación do persoal do transporte urbano de Santiago de Compostela instou o Goberno...

Compostela recoñece o labor dun bombeiro municipal nun programa de cooperación en Mozambique

O Pazo de Raxoi acolleu este xoves unha recepción institucional a Félix Juncal, xefe...

Santiago reivindica a prevención da violencia machista no 25N e dá voz ás novas xeracións

Santiago de Compostela conmemorou este mércores, 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here