InicioSUCESOSUn ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

A roda da bicicleta quedou trabada e rompeu, o que provocou que o home saíse despedido e sufrise lesións na mandíbula e nos xeonllos

Publicado o

Xornal de Compostela

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na rúa de San Pedro de Mezonzo. O accidente produciuse arredor das 22:45 e obrigou á intervención da Policía Local e dunha ambulancia do 061.

Segundo a información recollida por Xornal de Compostela, a caída estivo provocada por unha fochanca existente na calzada. A roda da bicicleta quedou trabada no desnivel, rompeu e fixo que o ciclista saíse despedido por diante do vehículo antes de impactar contra o chan.

Como consecuencia do accidente, o home sufriu feridas na mandíbula e nos xeonllos, aínda que o seu estado foi cualificado como leve. O sinistro tamén causou danos materiais na bicicleta.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, cuxo persoal sanitario atendeu o ferido e posteriormente o trasladou ao Hospital Clínico, así como unha patrulla da Policía Local de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here