InicioSUCESOSOs acusados do crime de Antonio Costa serán xulgados a partir do...

Os acusados do crime de Antonio Costa serán xulgados a partir do 26 de xaneiro

Carlos Yépez, un dos acusados, alegará que o seu consumo habitual de drogas puido influír na súa conduta no momento dos feitos

Publicado o

Xornal de Compostela

O xuízo polo crime de Antonio Costa Martínez, coñecido carniceiro compostelán que rexentaba o posto ‘Chelo & Muñico’ na Praza de Abastos de Santiago, comezará o 26 de xaneiro de 2026 na sección compostelá da Audiencia Provincial da Coruña. Está previsto que as sesións se prolonguen ata o 3 de febreiro.

A Fiscalía solicita 16 anos de prisión para cada un dos dous acusados, Kevin Freangeddy Martín Guillén e Carlos Eduardo Yépez Núñez, mentres que a acusación particular, exercida polo letrado Luciano Prado en representación da familia da vítima, eleva a petición a 20 anos, ao considerar que o caso constitúe un asasinato e non un homicidio. A cuestión central do proceso será determinar se Antonio Costa puido defenderse e se os procesados actuaron coa intención de acabar coa súa vida.

Os feitos remóntanse á madrugada do 12 de novembro de 2024, arredor das 04:36, cando os dous acusados se atopaban nas inmediacións da Praza de Abastos e iniciaron unha discusión con Antonio Costa. Tras acceder ao recinto, o enfrontamento continuou no interior do mercado, onde, segundo as investigacións, se produciron os golpes que causaron a morte do carniceiro.

O xurado popular deberá pronunciarse sobre sete feitos xusticiables. Entre eles, esclarecer se Carlos Yépez chegou a exclamar “Eu mátoo!” durante o altercado e se, nun momento posterior, Kevin golpeou na cabeza da vítima cun haragán, ferramenta empregada na limpeza dos postos. A autopsia fixou a hora da morte ás 05:18 e determinou que a causa foi un traumatismo craneal con lesións hemorráxicas e encefálicas, froito dos golpes propinados de forma conxunta polos dous acusados.

A clave do xuízo estará en decidir se existiu ou non aleivosía, o que determinará se se trata dun homicidio ou dun asasinato. A Fiscalía descarta a premeditación, pero a acusación particular sostén que houbo unha “aleivosía sobrevida”, é dicir, que a intención de matar xurdiu durante a pelexa.

As defensas, pola súa parte, piden que o delito se reduza a lesións, argumentando que non existiu vontade de matar e que o falecemento foi accidental. Un dos procesados, Carlos Eduardo Yépez, alegará tamén que o seu consumo habitual de drogas puido influír na súa conduta no momento dos feitos.

O proceso tamén abordará as lesións e secuelas psicolóxicas sufridas polo vixiante de seguridade que interveu na discusión, quen padeceu unha contusión no ombreiro dereito e un trastorno de estrés postraumático tras presenciar o suceso.

A vista oral esclarecerá finalmente se a agresión que acabou coa vida de Antonio Costa, veciño moi coñecido no mercado compostelán, foi resultado dunha pelexa con consecuencias tráxicas ou dun crime cometido con intención de matar.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here