InicioSANTIAGOSantiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello concede 2.083 axudas para o curso 2026-2027, 190 máis que na convocatoria anterior, e eleva a 35 euros mensuais o máximo para as actividades extraescolares

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para o curso 2026-2027. A resolución definitiva, aprobada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, sitúa por primeira vez a convocatoria por riba das 2.000 axudas. No curso anterior concedéranse 1.893.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais e tenenta de alcaldesa, María Rozas, deu conta este venres da resolución e cifrou o alcance das bolsas no 25 % da poboación en idade escolar de Santiago, que o Concello estima en máis de 8.000 nenos e nenas. A convocatoria contou cun orzamento de 1.150.000 euros, 50.000 máis que no curso anterior e 400.000 máis que no anterior mandato municipal.

As dúas modalidades de comedor suman 1.123 axudas. Delas, 842 corresponden á modalidade por escaseza de recursos, 49 máis que no curso anterior, e 281 á de conciliación, que suma 54 concesións máis.

As actividades extraescolares rexistran o maior aumento entre as catro modalidades, con 661 bolsas, 60 máis que un ano antes. Para a compra de material escolar concedéronse 299 axudas, 27 máis que na convocatoria anterior.

A bolsa para actividades extraescolares pasa a ter un límite de 35 euros mensuais por menor, con independencia do número de actividades que realice e das horas de asistencia. Ata esta convocatoria, a axuda era de 15 euros ao mes para actividades dunha hora ou dun día á semana e podía chegar aos 30 euros mensuais se eran de dúas horas ou dous días á semana.

Nas demais modalidades mantéñense as contías. As bolsas de comedor por escaseza de recursos cobren o 100 % do gasto nos centros públicos, cun máximo de 100 euros mensuais, que ascende a 180 euros nos centros de educación especial. As de comedor por conciliación son de 45 euros ao mes. Para a compra de material escolar, a axuda é de ata 100 euros nun único pagamento.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

O Consorcio de Santiago adxudica por 104.472,78 euros a reparación da Quinta dos Fuentes en Vidán

O Consorcio de Santiago adxudicou a RETECO, S.L.U. (Rehabilitaciones Técnicas y Construcciones Compostela, S.L.U.)...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here