InicioSANTIAGOArde unha vivenda abandonada a carón da Alameda sen causar danos persoais

Arde unha vivenda abandonada a carón da Alameda sen causar danos persoais

Os bombeiros impediron que o lume se estendese ao parque compostelán tras declararse o incendio nun inmoble con antecedentes de ocupación e acumulación de lixo

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio declarado no serán deste martes nunha casa situada na rúa Cruceiro do Gaio, a escasos metros do parque da Alameda de Santiago, provocou importantes danos materiais no inmoble, sen que se rexistrasen feridos. O lume iniciouse arredor das 21:00 horas e obrigou a un despregadura intensa por parte dos bombeiros composteláns, que tiveron que traballar con intensidade para controlar as lapas no interior da vivenda e evitar a súa propagación ao exterior, especialmente dada a proximidade co emblemático parque urbano.

Segundo fontes do servizo de extinción de incendios, ao chegar ao lugar o lume estaba xa moi avanzado, alimentado por unha gran cantidade de lixo e obxectos acumulados dentro da casa, o que dificultou os traballos de extinción. Non se atopou ninguén no interior no momento da intervención, o que fai pensar que a vivenda estaba desocupada no momento dos feitos.

A casa, que dispón dun terreo amplo ao seu redor, levaba anos nun estado de abandono, segundo confirman fontes veciñais. Durante un tempo foi ocupada por distintas persoas, o que derivou en diversas queixas por parte do barrio pola acumulación de residuos tanto no interior como no exterior do inmoble. Malia que nos últimos tempos non se tiña constancia da presenza de ocupantes, non se descarta que persoas sen fogar puideran usala como refuxio nocturno.

O inmoble pertence a unha familia compostelá vinculada ao sector mobiliario, e a súa situación viña xerando preocupación polos problemas de salubridade e seguridade que representaba no barrio. O incendio, aínda que de notable intensidade, non tivo consecuencias persoais nin provocou danos na contorna natural inmediata grazas á rápida actuación dos bombeiros. A Policía Local tamén acudiu ao lugar e abriu unha investigación para esclarecer as causas exactas do lume.

GORETTI SANMARTÍN

Preguntada polo incendio, Sanmartín explicou que ela mesma acudiu ao momento no que se rexistrou un lume que “rapidamente foi sufocado”. Segundo afirmou, agora o concello estudará o estado no que quedou a casa. “Evidentemente, todo o mundo coñecemos propiedades en Santiago que están en ruínas, que están en mal estado e a nosa idea é que esas propiedades de forma paulatina e seguindo todos os procedementos garantistas poidan rehabilitarse e porse en uso”, dixo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here