InicioSUCESOSCae parte do falso teito das galerías de Fernando III O Santo,...

Cae parte do falso teito das galerías de Fernando III O Santo, que albergan múltiples centros deportivos

O ximnasio Espagat afirma que o mércores xa había unha pingueira

Publicado o

Xornal de Compostela

Parte do falso teito das galerías de Fernando III O Santo, coñecidas por albergar algúns dos principais ximnasios da cidade, desprendeuse durante a madrugada deste xoves, provocando a inundación da entrada. Non entanto, non causou danos persoais. O suceso, confirmaron os Bombeiros de Santiago, produciuse sobre as 01.20 horas da mañá, momento no que recibiron un aviso no que se informaba da ruptura dunha tubaxe, que provocou a caída dunha parte do falso teito. Á súa chegada, a Policía Local xa cortara a auga.

Segundo informou un traballador de Tempos e Menssana —centro de actividades deportivas—, este incidente provocou a inundación do interior do local “que é ben longo” chegando a auga “ata as salas do fondo”. Así mesmo, comunicou que a auga viña cunha especie de barro que lles obrigou a pasarse unhas cinco horas fregando e achicándoa do local con axuda dalgúns traballadores que se uniron. Aínda así, avanzan, o chan irase levantando nas próximas semanas.

Tamén o ximnasio Espagat trasladou que a auga chegou ao soto do local, alcanzando incluso a piscina, polo que tiveron que pasarse “todo o día do traballador” achicándoa. Ademais, informaron de que o pasado mércores detectaron unha pingueira no teito e o levantamento dunha parte da placa, polo que puxeron un cubo de auga por prevención. Debido a que foi en plena madrugada, non houbo ningunha persoa ferida. En esta liña, a recepcionista do Espagat asegurou aliviada que “menos mal”, porque se chega a ser ás 18.00 da tarde esa zona “está chea de nenos”.

Actualmente o ximnasio Synergym atópase coa auga cortada polo incidente, xa que no momento que a activaron comezou a caer de novo mollando a zona de paso. Os administradores das galerías aseguraron, pola súa parte, que descoñecían este suceso.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...