InicioSUCESOS(FOTOS) Máis de 15 horas sen luz: Así viviu Compostela o apagamento...

(FOTOS) Máis de 15 horas sen luz: Así viviu Compostela o apagamento masivo deste luns

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Toda a Península Ibérica quedou sen electricidade este pasado luns. O corte, que comezou arredor das 12:30 horas, causou certa desorganización en diversos servizos e instalacións da cidade de Compostela.

As primeiras informacións nas redes sociais apuntaban a posibles causas e afectacións en toda España, Portugal e o sur de Francia, mentres que en Santiago as rúas principais como Rosalía de Castro ou rúa da Senra foron especialmente afectadas. Durante toda a xornada, os semáforos destes puntos estiveron inoperativos, xerando certo caos no tráfico.

Mentres tanto, a cidade mantivo certa normalidade nas rúas, onde moitos composteláns aproveitaron o bo tempo para pasear ou facer deporte. Os autobuses urbanos continuaron o seu funcionamento habitual, sen grandes alteracións.

Os comercios, por outra banda, sufriron un parón. Os supermercados permaneceron pechados dende o inicio do apagamento, mentres que algúns dos pequenos comercios que estaban abertos só aceptaban pagos en efectivo e usaban lanternas para iluminar os seus locais.

Na estación de trens de Santiago, os combois foron cancelados, e a media tarde, Adif pechou as instalacións. A estación de autobuses, tamén afectada pola falta de información nos paneis, viviu un ambiente de inseguridade entre os viaxeiros, que buscaban alternativas para continuar a súa viaxe.

A USC, pola súa banda, decidiu pechar as súas instalacións a media tarde, enviando un comunicado á comunidade universitaria, aínda que o correo electrónico chegou de forma escalonada debido aos problemas nas comunicacións. Este martes, a Universidade manterá pechadas as súas instalacións ata as 15:00 horas debido á incerteza sobre o restablecemento do servizo eléctrico.

Segundo informou o Concello de Santiago, o subministro eléctrico na cidade foi restablecido ao 100% ás 06:00 horas da mañá de hoxe. Un comité de crise municipal reunirase esta mañá para avaliar a situación e coordinar as actuacións de resposta a posibles incidentes derivados do apagamento.

No ámbito sanitario, o Hospital Clínico mantivo a súa actividade esencial mediante o uso de xeradores, mentres que algúns servizos hospitalarios foron limitados pola falta de enerxía. En canto ao aeroporto de Lavacolla, a actividade continuou cun mínimo impacto, xa que os xeradores mantiveron operativas as cafeterías, as máquinas expendedoras e os servizos básicos.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here