InicioSUCESOSDeteñen ao presunto autor dun roubo nunha xoiaría en Santiago

Deteñen ao presunto autor dun roubo nunha xoiaría en Santiago

O autor do roubo, detallou a Policía Nacional, mostrou agresividade e gran resistencia na súa detención e ocasionou danos ao vehículo policia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo a un home como presunto autor dun roubo nunha xoiaría do centro de Santiago á que accedeu tras romper o cristal dunha xanela.

Segundo informou o corpo policial nun comunicado, os feitos producíronse na madrugada deste martes cando os efectivos se desprazaron ata o establecemento tras soar a alarma.

Os axentes comprobaron que estaba todo revolto e había restos de xoias e efectos no chan da vía pública. Así, coa colaboración doutras dotacións policiais, localizaron nas rúas próximas ao autor, mentres manipulaba unha caixa rexistradora.

Desta forma, procederon a detelo como presunto autor dun delito de roubo con forza. Os axentes conseguiron recuperar todas as xoias –máis de 100 pezas– e o diñeiro subtraído.

O autor do roubo, detallou a Policía Nacional, mostrou agresividade e gran resistencia na súa detención e ocasionou danos ao vehículo policial. Por iso, tamén lle imputaron delitos de resistencia e desobediencia a autoridade, así como danos.

ÚLTIMAS

Santiago comparte con Cuba, México e Cabo Verde as súas políticas para compatibilizar o turismo coa vida veciñal

O Concello de Santiago de Compostela recibiu este xoves unha delegación institucional procedente de...

Área Central acolle unha exposición que recupera a historia ferroviaria da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle

O centro comercial Área Central acolle dende este xoves, 22 de outubro, a exposición...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...