InicioSOCIEDADEA tenda de cosméticos Maravalla promocionará durante agosto o traballo do Refuxio...

A tenda de cosméticos Maravalla promocionará durante agosto o traballo do Refuxio de Bando

Chaman a doar leite en po e penso ante o aumento de camadas de gatos no verán, no marco da iniciativa '12 comercios, 12 sensibilidades'

Publicado o

Xornal de Compostela

A tenda de cosmética natural Maravalla, situada no centro histórico compostelán, presentou este xoves a súa colaboración co Refuxio de Bando a través do proxecto ’12 comercios, 12 sensibilidades’, unha iniciativa promove o Concello de Santiago e que conecta aos comercios da cidade con entidades solidarias. No oitavo mes do ano, Maravalla será a encargada de difundir entre os seus clientes as actividades que se desenvolven no refuxio de animais e de recoller fondos e alimentos para cubrir as súas necesidades.

A propietaria do comercio, Ana Porto, foi a encargada de explicar no evento a colaboración que prestará co programa. Nel tamén estiveron presentes a súa directora do refuxio, Olalla García; a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas; e o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez. Domínguez lembrou na súa intervención a importancia dunha “tenencia responsable” cos animais, así como de “pensar no Refuxio de Bando” á hora de valorar unha posible adopción.

COMO PARTICIPAR?

Ademais de difundir as actividades que levan a cabo en Bando de forma presencial e a través das redes sociais, Maravalla habilitou dúas vías de colaboración co refuxio: recollida de alimentos e doazóns. No relativo á recollida de alimentos, a directora do refuxio apuntou que nos meses de verán é cando reciben “moitas camadas de gatos”, polo que o leite en po e o penso para crías é “o que máis” necesitan.

“Quen doen diñeiro recibirán participacións para un sorteo de catro vales agasallo de 25 euros que se realizará a finais de mes”, engadiu a propietaria de Maravalla sobre as achegas. Así mesmo, adiantou que lle gustaría “continuar colaborando co refuxio” e que buscará vías para iso.

A INICIATIVA

’12 comercios, 12 sensibilidades’ comezou a desenvolverse en xaneiro de 2024 froito da colaboración conxunta de doce mulleres emprendedoras que coincidiron nun grupo de formación en 2019. O proxecto conta co apoio da concellaría de Servizos Sociais e, ademais de dar visibilidade ao traballo das organizacións participantes, busca incentivar a economía circular a través da sensibilidade social. En setembro, será a quenda da frutería Cousas do Campo, que colaborará coa entidade cooperativa de Brión Daquí Darredor.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...