InicioMOV. SOCIAISVítimas do accidente de Angrois volven concentrarse este mércores tras un ano...

Vítimas do accidente de Angrois volven concentrarse este mércores tras un ano á espera da sentenza

O accidente do 24 de xullo de 2013 deixou 80 mortos e 145 feridos

Publicado o

Xornal de Compostela

Vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido na curva da Grandeira, no barrio compostelán de Angrois, volverán concentrarse en Santiago para esixir responsabilidades por este accidente ocorrido hai 11 anos, o 24 de xullo de 2013, e que deixou 80 mortos e 145 feridos.

Afectados e familiares dos falecidos volverán á capital galega 363 días despois do final do xuízo por este sinistro, que concluíu o 27 de xullo de 2023. É, por tanto, case un ano á espera de que a xuíza Elena Fernández Currás emita a sentenza.

Este mércores, 24 de xullo, ás 11:30 horas, vítimas do descarrilamento do Alvia concentraranse ante a estación de tren santiaguesa e, previsiblemente, marcharán en protesta ata a Praza do Obradoiro.

Pola tarde, ás 18:30 celebrarán unha misa na Colexiata de Sar, para logo desprazarse á curva da Grandeira para realizar un acto de homenaxe aos falecidos que arrincará ás 19:30 horas. Con anterioridade, este martes 23 pola tarde, os socios da Plataforma Vítimas Alvia 04155 están convocados a unha asemblea no Pazo do Faramello, en Rois.

ÚLTIMAS

A Xunta organiza un desfile de entroidos en Santiago para promocionar o turismo de inverno

Este sábado, 7 de setembro, a Xunta de Galicia organiza o seu tradicional desfile...

Ames inicia o Setembro Lúdico con 140 participantes en tres centros educativos

Este luns, 2 de setembro, deu comezo unha nova edición do Setembro Lúdico en...

O Colexio de Fonseca inaugura a exposición ‘Miradas. Mulleres na arte’ de Elsa Martínez

Este xoves inaugurouse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca a exposición 'Miradas. Mulleres...

O Concello de Santiago prepara a documentación que presentará á Xunta para declarar a cidade como zona de aluguer tensionada

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que seguen traballando nos estudos solicitados pola...

Veciños de Ames convocan unha nova manifestación pola execución da lei de benestar animal

A veciñanza de Ames mobilizarase de novo este domingo, 8 de setembro, cunha nova...

O PP critica a retirada da liña de autobús urbano no barrio de Casas Novas

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e María Baleato, reuníronse onte...